2 de fev. de 2011

Da Concellaría de Deportes de Lugo a Movistar

Esta mesma mañá falaba aquí, entre outras cousas, da displicencia cara ao galego da Concellaría de Turismo e Deportes de Lugo no seu facebook oficial. Poucas horas máis tarde, xa se conseguiu que comecen a utilizar o idioma propio. Porque, como ben di o acertado lema, sen reivindicacións non hai conquistas.

Esta mesma mañá, desde A Mesa dirixímonos tamén ao presidente da Xunta, á presidenta do Parlamento, ao secretario xeral de Política Lingüística e ao presidente de Telefónica (esta segue a ser razón social da marca Movistar). O motivo? Pois que esta empresa de telecomunicacións continúa a discriminar día si e día tamén a quen quere vivir en galego, a pesar de ter, entre outras, unha concesión de 6 millóns de euros para fornecer de telefonía móbil o Goberno.

Por indicarmos algunhas das súas discriminacións en concreto:
  • Toda a súa publicidade exclúe o galego, mentres en Cataluña é de forma habitual en catalán para todos os soportes.

  • A súa páxina web, que dá opción de castelán e catalán, non a ofrece de galego.

  • A información sobre terminais de telefonía móbil en galego leva sen actualizar desde 2008: http://www.movil.movistar.es/flot/terminales_multiidioma/

  • Os servizos de atención para profesionais e empresas exclúen o galego. Só están dispoñíbeis en castelán, catalán, inglés, francés, italiano e alemán. Así, o teléfono de atención que poden utilizar desde as liñas móbiles do Parlamento galego ou do Goberno galego resulta que exclúe a que o Estatuto de autonomía recoñece como "lingua propia"!

  • Nos poucos servizos que teñen atención en galego (como apoio técnico e avarías), este aparece secundarizado, sendo unha opción que só se pode escoller cando a xestión está mediada, despois de pasar por varios atendedores automáticos exclusivamente en castelán.

  • Noutros casos, os servizos en galego só son teóricos. Por exemplo, no teléfono 1004, que é o servizo xeral de atención telefónica, o máis habitual é que non haxa persoal dispoñíbel para falar en galego, polo que é frecuente que se anime a chamar máis tarde de forma incesante. Ao final, ou pasas por un servizo deficiente por quereres usar o galego ou tes que claudicar dos teus dereitos lingüísticos.
Desde A Mesa daremos un tempo prudente de resposta, mais se esta empresa que recibe tan cuantiosas cantidades de diñeiro público continúa sen utilizar o galego, deberemos saber escoitar a súa mensaxe e deixar nós tamén de pagarlle a quen nos despreza.

12 comentários:

  1. Ao igual que a páxina web, as máquinas de recarga automática de tarxetas prepago están tamén só en español e catalán (non recordo se inglés tamén, mais galego é seguro que non).

    Ademais, o que adoitan facer e tapar a opción de escoller catalán (avergóñanse?) poñendo unha tarxetiña de papel enriba da pantalla táctil -na esquina superior dereita-, o cal resulta realmente ridículo.

    Ti non has de sabelo por seres de contrato,mais os de tarxeta sufrimos a nosa particular discriminación, hehe.


    Carlos Lixó

    ResponderExcluir
  2. você é insuportável

    ResponderExcluir
  3. vi è insopportabile!

    ResponderExcluir
  4. vostè és insuportable!

    ResponderExcluir
  5. vous est insupportable!

    ResponderExcluir
  6. mesa pola anormalización...

    ResponderExcluir
  7. Xa se che dispararon as estatísticas de comentarios do blog con todos os anteriores, máis cos que che fagan despois xe tes o balance do ano en positivo...

    ResponderExcluir
  8. Grazas, Carlos, pola información ;) Trasladarémola tamén, porque é moi importante.

    Sobre os outros comentarios en cadea, como di o anterior "Anónimo", só serven para disparar as estatísticas. Polo resto, nin caso.

    ResponderExcluir
  9. EU XA ME PASEI A "R" ¡

    ResponderExcluir
  10. E tes toda a razón. Se a situación non muda, haberá que pensar na posibilidade de chamar a un boicote en toda regra a Movistar desde individuos, empresas e institucións con sensibilidade polo galego.

    ResponderExcluir