11 de fev. de 2011

Goza coa túa lingua!


Así de sorrintes posamos onte Iria Taibo e mais eu para presentarmos ante os medios o acto "Goza coa túa lingua - Bicada polo galego". O evento, que ten xa un feixe de apoios no Facebook, desenvolverase o vindeiro 14 de febreiro, Día dos Namorados, ás (puntualísimas!) 17 h, na compostelá praza do Toural.

Co lema "Goza coa túa lingua" A Mesa ten tamén unha serie de material á venda, co que se promociona a sensibilidade normalizadora e se financian as campañas da entidade. Se che interesa, tes máis información nesta ligazón.

Gocemos coa nosa lingua!

Nenhum comentário:

Postar um comentário