6 de fev. de 2011

A túa queica e os teus preguntas


O espazo web do Defensor del Pueblo ten versión en galego... Ou nunha cousa parecida ao galego, que nos di como presentar "queicas", que nos explica que queren "protexelos teus dereitos", que "vea" polos "ciudadáns", que atende "tódala correspondencia", que consegue que "dous de cada tres recomendaciones sexan escoitadas", que escoita tamén as persoas en centros de "internamiento", que escoita "os teus preguntas" e tantos outros disparates. Os erros de acentuación na versión galega xa son difíciles de contar e os de uso de preposición a co complemento directo, tamén.

É isto unha institución seria?

Presenta a túa queica!

Um comentário:

  1. Para máis escarnio, o formulario para presentar as nosas "queicas" só está dispoñíbel en castelán...

    A ver, un pode facer as cousas mal, mais isto comeza a ser un pouco surrealista... Penso que deberiamos buscar outro sitio --en galego-- no que pormos as nosas "queicas" á web do "Defensor del Pueblo" xa que logo no sitio oficial non parece posíbel (e el será que se as presentas por fax ou carta en galego non serán tramitadas?)

    Ver para crer...

    ResponderExcluir