3 de fev de 2011

A Concellaría de Turismo e Deportes de Lugo lócese

Onte, a Concellaría de Turismo e Deportes de Lugo comezaba a utilizar o galego no seu facebook oficial, despois das queixas que recibiu, aínda que as escoitase con desagrado.

Cando esta mañá quixen ir ver se continuaban a usar o galego ou se era flor dun día encontreime con que a Concellaría de Turismo e Deportes de Lugo me borrou do seu facebook. O motivo? Pois que pedín varias veces, con toda educación e corrección, que usasen o galego.

De verdade isto é unha administración seria?! É que agora non me podo informar das actividades que organiza o Concello de Lugo xa que pido que usen a lingua propia?

Onte tentei dúas veces pórme en contacto co concelleiro: telefonicamente e a través do correo-e. Agora mesmo vou enviar unha queixa ao Valedor do Pobo, outra carta ao alcalde e aos portavoces dos tres grupos con representación no municipio. Por dous motivos: vulneración dos dereitos lingüísticos e o mal trato recibido por pedir o uso do galego.

4 comentários:

  1. Vaia xeitos máis democráticos da concellaría esa de Lugo... entre as rúas de nomenclatura franquista e isto vese que lles sae a democracía polos poros.

    ResponderExcluir
  2. Que elementos... Agardemos que en maio entre un sopro de aire fresco nese concello.

    ResponderExcluir
  3. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  4. Volveron a admitirme no seu facebook, pediron desculpas e comprometéronse a usar o galego. Obxectivo conseguido!

    ResponderExcluir