Esta mañá estarei en Pontevedra na reunión nacional de socias e socios da Mesa. Realizarase no Centro Sur (antiga residencia Santiago Apóstolo) e tedes nesta ligazón todos os datos para non vos perderdes. Con certeza, a xuntanza servirá tamén para lle dar pulo á convocatoria de mobilizacións para o Día das Letras.
Entre as moitas actividades recentes desta organización fundamental para a nosa cultura, paréceme do máximo interese a campaña que acaba de iniciar conxuntamente coa CIG. Reparade en todos estes datos que cómpre que a sociedade saiba:
Mostrando postagens com marcador galego na telefonía. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador galego na telefonía. Mostrar todas as postagens
25 de abr. de 2015
25 de dez. de 2011
A lingua, a soberanía, o bo goberno e o Nadal...
- "O noso estraño Nadal", interesante noticia sobre o apetecíbel libro de Antonio Reigosa.
- "A nova xerente do IGAPE acumula xuízos pendentes por despedimentos improcedentes, acoso e represión sincical", denuncia a CIG. Despois do nomeamento do ministro de Economía e doutros escándalos anteriores na Xunta de Núñez Feijóo por motivos semellantes, haberá que preguntarse se a escolleron a pesar diso ou xusto por iso.
- "Hábleme como Dios manda", é unha das respostas que che poden ofrecer en Orange en 2011 se lles realizas unha consulta usando o galego. Boicote!
- "Deostada soberanía", aconsellábel artigo de Francisco Rodríguez.

9 de set. de 2011
Existimos! Defendámonos!
Xa hai tempo que puxera este vídeo no blogue, para denunciar desde o humor unha situación que tamén padecemos na nosa comunidade lingüística.
A este tipo de problemáticas dedico boa parte do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Nel achego unha serie de pautas para dar unha saída cómoda e favorábel a estes momentos desagradábeis.
Moitas grazas a todas as persoas que me achegades mensaxes indicando como vos deron resultado en concreto estas ideas. Dades unha forza e unha esperanza tremenda!
Iso si: non esquezades que as críticas (sobre todo, con afecto) e as suxestións tamén son ben recibidas.
Obrigado tamén ás profesoras e aos profesores de lingua e literatura galega que o estades a considerar un libro aproveitábel para o curso que agora vai comezar. Se quixerdes, non deixedes de comentarme, no seu momento, que tal vos foi con el.
Axiña continuarei coa xira de presentacións desta obra polas diferentes comarcas, tras os actos en Compostela, A Coruña e Carballo. Penso que pode ser un libro útil para revitalizarmos o noso idioma, así que farei os quilómetros que fixeren falta para divulgalo.
Continuamos, porque existimos!
9 de abr. de 2011
Abrindo portas á lingua
Esta é unha das fotografías que difundiu onte Europa Press da miña entrevista coa presidenta do Parlamento galego. Foi o primeiro encontro que tiven coa persoa que ocupa o cargo nesta lexislatura e debo sinalar que foi do máis cordial, a pesar das discrepancias de visión en aspectos centrais sobre o que significa termos un idioma propio e a vulneración de dereitos lingüísticos que se dan en Galiza.A fotografía pode servir como metáfora tamén dunha porta que onte abriu a presidenta do Parlamento ao noso idioma na telefonía móbil. Pilar Rojo comprometeuse a que a próxima concesionaria de telefonía móbil do Parlamento terá que garantir a atención en galego. A licitación será antes de que finalice o actual período de sesións, polo que nun prazo máximo de dous meses poderemos verificalo.
Ademais de que simbolicamente sexa importante, esta condición axudará a concretar na práctica a aplicación da lei 1/10, que nos debería garantir os nosos dereitos lingüísticos na atención telefónica. Porén, a cantas de vós non vos responderon de má maneira por falardes galego, a cantos de vós non vos cortaron as chamadas, como se fose un problema técnico, polo feito de falardes na vosa lingua? Temos que conseguir fecharlle as portas á discriminación e abrirllas aos nosos plenos dereitos como cidadás e como cidadáns.
2 de fev. de 2011
Da Concellaría de Deportes de Lugo a Movistar
Esta mesma mañá falaba aquí, entre outras cousas, da displicencia cara ao galego da Concellaría de Turismo e Deportes de Lugo no seu facebook oficial. Poucas horas máis tarde, xa se conseguiu que comecen a utilizar o idioma propio. Porque, como ben di o acertado lema, sen reivindicacións non hai conquistas.
Esta mesma mañá, desde A Mesa dirixímonos tamén ao presidente da Xunta, á presidenta do Parlamento, ao secretario xeral de Política Lingüística e ao presidente de Telefónica (esta segue a ser razón social da marca Movistar). O motivo? Pois que esta empresa de telecomunicacións continúa a discriminar día si e día tamén a quen quere vivir en galego, a pesar de ter, entre outras, unha concesión de 6 millóns de euros para fornecer de telefonía móbil o Goberno.
Por indicarmos algunhas das súas discriminacións en concreto:

- Toda a súa publicidade exclúe o galego, mentres en Cataluña é de forma habitual en catalán para todos os soportes.
- A súa páxina web, que dá opción de castelán e catalán, non a ofrece de galego.
- A información sobre terminais de telefonía móbil en galego leva sen actualizar desde 2008: http://www.movil.movistar.es/flot/terminales_multiidioma/
- Os servizos de atención para profesionais e empresas exclúen o galego. Só están dispoñíbeis en castelán, catalán, inglés, francés, italiano e alemán. Así, o teléfono de atención que poden utilizar desde as liñas móbiles do Parlamento galego ou do Goberno galego resulta que exclúe a que o Estatuto de autonomía recoñece como "lingua propia"!
- Nos poucos servizos que teñen atención en galego (como apoio técnico e avarías), este aparece secundarizado, sendo unha opción que só se pode escoller cando a xestión está mediada, despois de pasar por varios atendedores automáticos exclusivamente en castelán.
- Noutros casos, os servizos en galego só son teóricos. Por exemplo, no teléfono 1004, que é o servizo xeral de atención telefónica, o máis habitual é que non haxa persoal dispoñíbel para falar en galego, polo que é frecuente que se anime a chamar máis tarde de forma incesante. Ao final, ou pasas por un servizo deficiente por quereres usar o galego ou tes que claudicar dos teus dereitos lingüísticos.
Desde A Mesa daremos un tempo prudente de resposta, mais se esta empresa que recibe tan cuantiosas cantidades de diñeiro público continúa sen utilizar o galego, deberemos saber escoitar a súa mensaxe e deixar nós tamén de pagarlle a quen nos despreza.
Assinar:
Postagens (Atom)