21 de jan de 2012

"Si pides firmar en gallego no te operamos"


A Mesa enviou onte un comunicado sobre un gravísimo caso de discriminación lingüística acontecido en Vigo. Un paciente que ía ser operado no Hospital Nosa Señora de Fátima pediu que o consentimento informado que tiña que asinar estivese no seu idioma. O hospital é privado, mais ten un convenio co SERGAS.

A resposta que recibiu o doente foi que non tiñan o documento en galego nin tiñan por que telo. Total, nin que o hospital estivese en Galiza! Total, nin que reciban montes e moreas de diñeiro público do Goberno galego! Por que ían ter eles que garantir os dereitos para uns cidadáns de segunda, cuxo idioma non merece figurar en ningures?

O home afectado pola discriminación, cunha actitude exemplar para todas e todos nós, mantívose firme na súa exixencia. Como non ía ao rego, desde o Hospital chegaron a ameazalo con que se continuaba coa súa petición de asinar un documento en galego non o operarían.

É demasiado. Por fortuna, o doente non só non calou, non só non permitiu que lle vulnerasen os seus dereitos, senón que puxo o caso en coñecemento dunha avogada e da Mesa pola Normalización Lingüística, da cal é membro.

A asociación exixiu á Consellaría de Sanidade unha inmediata investigación que se traduza de contado na aplicación das medidas para garantir que o uso do galego polas ou polos doentes non se teña que ver convertido sempre nunha auténtica carreira de obstáculos, e menos perante situacións tan delicadas como unha intervención cirúrxica.

A maior asociación cultural de Galiza reclamou tamén á consellaría dirixida por Rocío Mosquera que, mentres existan os concertos con centros médicos privados, Sanidade actúe para garantir os dereitos lingüísticos, tanto dos doentes como do persoal, e para que a lingua propia de Galiza deixe de ser unha lingua de segunda no ámbito sanitario.

A Mesa, por último, anima a todas as persoas sensibilizadas coa diversidade lingüística e cultural e contrarias a calquera tipo de discriminación a dirixiren correos electrónicos á dirección do Hospital Nosa Señora de Fátima para lles recordar que o galego é un idioma oficial e que na nosa sociedade xa non teñen cabida comportamentos discriminatorios coma este.

O correo é: hospitalfatima@hospitalfatima.nehos.com

25 comentários:

  1. Grazas polo publicar este artigo. Asinado: O paciente inglés.

    ResponderExcluir
  2. Reproducen esta entrada no Galicia Confidencial de hoxe: http://galiciaconfidencial.com/nova/9462.html

    ResponderExcluir
  3. A cooficialidade do galego incumbe ás administración públicas. As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado usan a lingua que lles sae do orto, sen que ninguén lles poida impor unha ou outra, e sábelo. Por iso tentas coaccionar a Fátima cunha campaña de axitación para que a ese doente lle dean aquelo que a lei non lle da dereito: obrigar, non á administración, senón a unha entidade privada para que fale a lingua que a el lle peta.

    ResponderExcluir
  4. Un hospital que realiza operacións pagas polo SERGAS non pode facer "o que lle sae do orto", como ti dis.

    Ademais, aínda que a lei permitise as discriminacións, non por iso serían menos discriminacións.

    O que xa me parece máis engrazado é que consideres "imposición" do paciente poder asinar un escrito persoal no seu idioma; repito: pide poder asinar un escrito persoal no seu idioma, nada máis. Que é o próximo, considerar "imposición" que se "atreva" non só a escribilo senón tamén a falalo?

    ResponderExcluir
  5. As discriminacións están na túa cabeciña. A min me importa unha merda que me atendan en galego ou en castelán, falo as dúas linguas de xeito cotián e me adapto a calquera das dúas con total normalidade sen montar unha festa porque comigo se empregue unha ou outra.

    Ese hospital, polo que se ve, so usa castelán; ti so empregas o galego. Pois de p.m. Aquí cada quen que use a lingua que lle saia de la cona e que ninguén impoña ou coaccione a outro con campañas de axitación para empregar unha das dúas. Outra cousa é a administración que si considero que debe empregar a lingua que decida o administrado.

    ResponderExcluir
  6. Anónimo: Se iso é o que pensas, por que che molesta que ese paciente escolla o galego? Coidas que é normal que se el quere asinar o escrito en galego o ameacen con non operalo? Quen "impón", quen "coacciona", xogando coa saúde nunha inadmisíbel AMEAZA? Que dirías se iso acontecese co castelán?

    Ademais, nin o criterio de que só temos dereitos
    nas administracións se sostén. Os dereitos dos falantes de galego xa non teñen cabida nin nos servizos externalizados, pagos polo SERGAS? Que culpa ten o paciente diso?

    Se defendeses a liberdade e a igualdade, o teu posicionamento sería moi outro.

    ResponderExcluir
  7. O que me molesta, como calquera supón, non é que o doente escolla o galego, senón que o doente OBRIGUE a alguén, repito unha vez mais, privado-privadísimo, particular, a que faga o que non quere e a lei non o obriga ¿Ou é que a concesión ou convenio que lle fai o SERGAS inclúe unha clausula na que se diga que deben atender á xente en galego? ¿E de incluir esa clausula non sería un xeito de coaccionar a vontade dun particular, ao que non lle deben incumbir as inevitables estreiteces e rigorismos da adminitración? Non, Carlos, non. Hai que vivir e deixar vivir, non estar todo o día tocando o zoco, porque se che son sinceiro o que tamén me molesta e seguramente o que mais, é a axitación, técnica propagandística da que estou até os ovarios e mediante a cal se considera que a xente é, básicamente, parva. Logo chegan unhas eleccións e de xeito sistemático, resulta que a xente xa é o colmo da burramia que bota aos listos polo río abaixo vai, unha troita tralalá... Pero os listos, resulta que queren salvarnos, que se estamos adocenados ou manipulados, eu que sei; montan as festas de sempre para saír nos medios e tal, e aínda mollados do río se empeñan en salvarnos, e entón me veñen gaaas de potar.

    O BNG perde, e as actitudes das súas organizacións --non te oculto que para min a MESA é un apéndice do BNG-- non callan porque pretendedes impor, e non persuadir. A mín, co permiso de quen ostenta hoxe a miña titularidade, me pode gustar moito un tío, pero para que me queira tereino que persuadir ¿ou non? ¿Ou o mellor vai ser violalo --Dios me aparte? Ides a cañón, e así non se fan as cousas.

    ResponderExcluir
  8. É tran privadísimo que o paga o SERGAS.

    ResponderExcluir
  9. O anónimo ten menos credibilidade que Feijóo homenaxeando a Isaac Díaz Pardo.

    ResponderExcluir
  10. Quique: a MESA tamén recibe subvencións da administración i é unha entidade privadísima ¿Que vos parecería que, en virtude da cooficialidade, para salvar os dereitos lingüísticos de todos dos cidadáns galegos (tamén os que son refractarios ao galego), xa que recibe diñeiro da administración, que as convocatorias de subvencións incluiran unha clausula na que a MESA se vira obrigada a facer todos os seus escritos e actividades en galego e castelán ou 50-50? Persuadir, non obrigar, non coaccionar.

    ResponderExcluir
  11. Anónimo, un hospital privado, que presta servicios públicos, ten á obriga de ter á documentación tamén en galego. O doente non OBRIGA a unha empresa privada,ESIXE a unha empresa que no seu caso fai un servicio púbico,(hai convenio co Sergas) un DEREITO.

    ResponderExcluir
  12. Ah, quitando as administracións, o resto poden cuspirnos se falamos galego. É bo sabelo

    ResponderExcluir
  13. Anónimo das 10.57: "un hospital privado, que presta servicios públicos, ten á obriga de ter á documentación tamén en galego." Iso porque ti o dis e o vales ¿En que parte do convenio firmado entre Fátima e o SERGAS se di tal cousa? A cooficialidade do galego afecta so ás entidades públicas, nunca aos particulares. E como se eu digo que a Mesa, que recibe cartos públicos, ten a obriga de atender en castelán ou facer parte das súas actividades en castelán.

    ResponderExcluir
  14. A do Fátima foi unha gravísima falta de respecto, ao paciente e á lingua galega.

    ResponderExcluir
  15. Bueno, xa avanzamos algo. Non é ilegar senón unha falla de respecto. Tamén a min me jode e me parece unha chulería que no meu chollo entren homes cubertos nun lugar teitado onde to'dios ten mais educación e está descuberto, até as señoras, e me aguanto.

    ResponderExcluir
  16. Son o anónimo das 10:57 para o anónimo das 12:21// Vas ter que revisar un pouquiño á lei, só un pouco, non sexa que che faga dano, meu ben!

    ResponderExcluir
  17. Pois nada, cita un artigo concreto dunha disposición concreta na que se obrigue a un particular a empregar o galego, se podes. O demais é puro fume para bobiños e xa sabes que a xente non che é tan parva, que veñen as eleccións e polo river abaixo vai, tralalá-la-la-la. Hala, biquiños wapa, e hai que clonarse menos.

    ResponderExcluir
  18. Coido que este caso podería ser utilizado por GB para esixir que os galegos sexan castelanofalantes, pois é única solución a este tipo de conflitos...
    De feito xa hai quen está a dicir que nun servizo de saúde público (ou nos centros concertados que cobran da caixa de todos) son os "clientes" os que teñen que respetar o idioma de quen está --alomenos en teoría-- ao servizo dos cidadáns.
    Saúdos.

    ResponderExcluir
  19. "Obrigar a unha entidade privada que fale a lingoa que lle peta" O anónimo "Ortiano" esquece que a lingoa que exixe o doente é UNHA LINGOA OFICIAL DO TERRITORIO ONDE ESTA SITO O HOSPITAL e polo tanto ten todo o dereito a pidilo. Non esta a pidir que lle falen en chino.
    En canto o da lei... a lei xa sabemos todos para quen fala e no idioma que fala.
    Se eles non poden atenderen en galego, perfeito, pero daquela terei dereito a un cambio de hospital e que os de "Fachimas" vaian cobrar do nabo.

    ResponderExcluir
  20. Anónimo da 1:33, mirakitiloaclaro... y vuelve la mula al trigo. Caro: a oficialidade ou cooficialidade dunha lingua incumbe ás administracións públicas, nunca aos particulares, entidades privadas, etcétera, que son libres de elixir a lingua na que se expresan.

    ¿I ese dereito a mudar de hospital porque non che falen en galego ou porque cando se opere alguén na pública poñan toda a cartelería ou impresos en galego, ou que nas camas poñan "en xexún", ou que nas urxencias ao despacho onde seleccionan aos doentes lle chamen "triaxe" (por poñer solo dúas palabras cuxo significado non coñece nin o Tato, que nin que foran in-ven-ta-das), ese dereito en que artigo concreto dunha disposición concreta aparece recollido? Porque aquí moito bla-bla-bla, pero ninguén concreta.

    ResponderExcluir
  21. Mirakitiloaklaroioati:
    Esta visto que non abonda con que o galego sexa un dereito, tera que ser un deber; coma o castelán

    ResponderExcluir
  22. gostas da concrezón, anónimo?

    ResponderExcluir
  23. A ameaza do Fátima ao paciente por querer que o atendan en galego: é esa a "cortesía lingüística" da que fala Núñez Feijóo? Ou sexa: cortesía lingüística de Feijóo = en galego, non.

    ResponderExcluir
  24. Anónimo das 9.45 e ss.: como din as marikitas compostelanas ¡ALABADO! Ou sexa que tanto rollo para recoñecer ao final que esta é unha mera campaña de axitación e que non é ilegal que o hospital de Fátima como tal entidade privada empregue a lingua que lle saia do orto. Si é que non contades unha boa...

    ResponderExcluir
  25. http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/117

    ResponderExcluir