Videocreación de Alberte Calo a partir dun texto de Atravesar o fantasma.
29 de abr. de 2016
28 de abr. de 2016
Poesía sobre lingua (5): "Deixamos morrer a fala"
Deixamos morrer a fala,
esquecemos o pasado.
E hai quen di que Galiza
moito leva progresado!
(Manuel María, Escolma de poetas de Outeiro de Rei, 1982)
26 de abr. de 2016
Manuel María e a tribo incomprensíbel
Esta semana comecei en Sermos Galiza unha pequena serie de comentarios por volta deste noso poeta nacional, que ademais recibe merecida homenaxe neste ano polas Letras.
24 de abr. de 2016
Ligazóns ao desvío para un vinte e catro de abril
- Evento no Facebook do acto da véspera do 25 de abril en Caldas de Reis.
- "Os contratos da Xunta", Pilar García Negro.
- "Crise no Brasil", Perry Anderson.
- "A nosa revolución de abril", Francisco Rodríguez.
- "As razóns do galego", Agustín Fernández Paz.
- "Sobre a Feira do Livro de Buenos Aires", Alfredo Ferreiro.
- "Autopistas del Atlántico" responsabiliza a Xunta da deturpación de topónimos nas autoestradas galegas.
- "Los abuelos nunca mueren, solo se hacen invisibles", Enrique Orschanski.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
21 de abr. de 2016
Poesía sobre lingua (4): "Quen poderá dun pobo envilecido borrar vergonza tanta?"
Dos pátridos acentos,
infames renegaran,
e tiveran parolas
de servos e de parias,
e as mólidas notas,
imbéciles trocaran
p'r uns escuros acentos de ferro
dunhas gentes estrañas.
Por palabras alleas
as súas propias deixaran,
tan doces e harmoniosas,
e garridas e brandas,
cal das súas furocas montesías
as falangueiras augas,
qu' a derregar descenden
os prados costentos e verdes da patria.
Quen poderá dun pobo envilecido
borrar vergonza tanta?
(Eduardo Pondal)
18 de abr. de 2016
Por que A Mesa?
A Mesa fai 30 anos. Os días 18, 19 e 20 de abril de 1986, realizáronse unhas xornadas en Santiago de Compostela que concluíron coa creación da maior asociación cultural de Galiza. Como é que lle podemos dar os parabéns?
17 de abr. de 2016
Ligazóns ao desvío para un dezasete de abril
- "O libro práctico no tempo da internet", César Lorenzo Gil.
- "Sete nomes para o fillo menor", no Portal das Palabras. Non podo deixar de pólo, pois eu son o fillo menor dun pai que foi o fillo menor e dunha nai que é tamén a filla menor :)
- Morrey Shangay Lilly.
- "1916: unha terrible beleza naceu. A cen anos de dous feitos claves para o nacionalismo", Manuel Vilar Álvarez.
- En 8 de cada 10 fogares de Galiza xa non vive ningún menor de 16. Aquí, a táboa do Instituto Galego de Estatística.
- "BNG-CIG as razóns dunha convivencia difícil", interesante e valente artigo de Manuel Veiga. Adiante co debate!
14 de abr. de 2016
Poesía sobre lingua (3): "A fala", Lois Diéguez
A FALA
Perderte é ficar mudos,
matar a conciéncia popular,
esmorecer,
esvairse nunha Terra
sen froito e sen ledícia,
aguniar no tempo conquistado,
entregar o futuro ao nemigo.
Nen pistolas nen leis
poderán contra ti.
Sulagaremos as illas
onde te queren gardar.
Derrubaremos os museos
que están a construir
para ti.
(O ferro dos dias, Lois Diéguez, 1982)
Assinar:
Postagens (Atom)




