21 de abr de 2016

Poesía sobre lingua (4): "Quen poderá dun pobo envilecido borrar vergonza tanta?"


Dos pátridos acentos,
infames renegaran,
e tiveran parolas
de servos e de parias,
e as mólidas notas,
imbéciles trocaran
p'r uns escuros acentos de ferro
dunhas gentes estrañas.

Por palabras alleas
as súas propias deixaran,
tan doces e harmoniosas,
e garridas e brandas,
cal das súas furocas montesías
as falangueiras augas,
qu' a derregar descenden
os prados costentos e verdes da patria.

Quen poderá dun pobo envilecido
borrar vergonza tanta?

(Eduardo Pondal)

Nenhum comentário:

Postar um comentário