A primeira que poño escoiteina no Carnaval da Habana. A xente en xeral non bailaba moito mentres pasaba o desfile, mais cando tocou a vez desta canción... Ai, cando pasou esta canción, a festa disparouse!
Reparade no final, pois o de "China te la pongo en La Habana, La Habana te la pongo en China" tamén ten o seu interese histórico, pois ese país asiático é o principal fornecedor de Cuba nestes momentos para algúns sectores estratéxicos:
Case todo era música en castelán, mais na discoteca coñecida como "La Cueva", en Trinidad, tamén bailamos, con moitos yumas, esta marabilla de Sia:
Porén, a canción que máis se escoitaba en toda a parte, desde a xente nova que levaba altofalantes pola rúa até os taxis, pasando polos meniños que canturrean os temas de moda, era esta:
Outras que tamén se sentían de cando en cando:
Aínda non saíra este vídeo de Gente de Zona, cantando a Macarena con Los del Río, mais póñoo para que reparedes en que a partir do minuto 2, segundo 45, o lindo palacio que se ve detrás deles é o histórico Centro Galego. O clip é de hai dous días, mais a versión da canción si que soaba moitísimo.
Por último, dúas cancións que escoitamos nun espectáculo de drags. Ademais de La Lupe e Celia Cruz, outra diva en castelán pola que se ve que teñen especial querenza é Rocío Dúrcal.
Por último, puidemos asistir ao concerto que deu Haydée Milanés na Fábrica del Arte Cubano. Unha experiencia moi especial, aínda que, pola grande fileira de xente, non puidésemos velo completo:
22 de ago. de 2016
A música que ouvín en Cuba neste verán
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
31 de jul. de 2016
Ligazóns ao desvío para un trinta e un de xullo
- "A sinatura", Francisco Antonio Vidal Blanco.
- Plan de choque do BNG para recuperar Galiza.
- Un país de Pininis e Pilochas.
23 de jul. de 2016
Ligazóns sobre a tarifa eléctrica galega
- "¿De qué nos vale ser productores de energía?", Andrés Precedo Ledo no La Voz de Galicia.
- "Da soberanía e as cousas de comer", Adrián Dios Vicente, Ideas.gal.
Vídeo da ILP da CIG:
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
4 de jul. de 2016
Pausa videoblogueira
Comecei cunha paréntese na miña videocolumna semanal que previsibelmente se prolongará até comezos de setembro. Aproveitarei este tempo para facer moitas cousas, entre elas tamén tentar algunhas melloras técnicas no propio videoblogue.
Velaquí as que foron as primeiras dezaoitos colaboracións:
Se tes algunha suxestión temática para o que será o regreso, podes deixala nos comentarios.
Velaquí as que foron as primeiras dezaoitos colaboracións:
Se tes algunha suxestión temática para o que será o regreso, podes deixala nos comentarios.
29 de jun. de 2016
E ti, de quen vés sendo?
Co sabio consello da profesora Patricia Arias Chachero, este ano no meu centro desenvolvemos unha interesante actividade de pesquisa sobre os alcumes do concello de Caldas de Reis e a súa contorna.
Foron centos e centos as fichas recollidas polo alumnado deste CPI. Todas elas darán pé a unha publicación específica para o ano próximo sobre os alcumes nesta localidade.
Unha forma divertida e diferente de nos achegarmos á realidade lingüística, cultural e tamén territorial do noso país.

24 de jun. de 2016
Entrevistas e debates nesta campaña
Deixo a ligazón ás entrevistas e debates en que participei nesta campaña e que se poden consultar desde as redes. Ánimo nas horas que faltan! Recuperemos unha voz propia para Galiza, votemos BNG!
- "Carlos Callón, el optimista enamorado del diván" (La Voz de Galicia, 20 de xuño de 2016)
- Entrevista na TVG: "Galicia está se está o BNG" (16 de xuño de 2016)
- "Imos dar a sorpresa e inclinaremos a balanza para que remate o goberno tóxico de Rajoy" (La Opinión de A Coruña, 20 de xuño de 2016)
- Debate na TVG (15 de xuño de 2016)
- Debate na Radio Galega (gravado o 14 e emitido o 16 de xuño de 2016).
- Información sobre o debate na Radio Coruña - Cadena SER, no programa "El Coruñés Opina" (12 de xuño de 2016).
Por último, por se non o vistes, penduro tamén aquí o artigo "Voto útil, deputado inútil", que publiquei onte no La Voz de Galicia.
Forza e adiante!

20 de jun. de 2016
18 de jun. de 2016
Listas de reprodución sobre as xerais
Na miña canle de Youtube hai unha pequena lista de reprodución con cousas vencelladas ás xerais de 2016, que se pode consultar aquí:
Dentro desa escolla, non vos podedes perder de ningún xeito isto:
E xa sei que hai moito, moito, moito tempo, mais tamén está estoutra lista sobre as xerais de 2015:
Avante toda! Galiza quere voz propia!

Assinar:
Postagens (Atom)