29 de jun. de 2016

E ti, de quen vés sendo?

Co sabio consello da profesora Patricia Arias Chachero, este ano no meu centro desenvolvemos unha interesante actividade de pesquisa sobre os alcumes do concello de Caldas de Reis e a súa contorna.

Foron centos e centos as fichas recollidas polo alumnado deste CPI. Todas elas darán pé a unha publicación específica para o ano próximo sobre os alcumes nesta localidade.

Unha forma divertida e diferente de nos achegarmos á realidade lingüística, cultural e tamén territorial do noso país.

Nenhum comentário:

Postar um comentário