O fin da comida? Eu non o creo, porque a comida é moito máis que nutrientes, mais en fin...
"Lembranza de Vaamonde Lores", por Román Arén.
"Retrato do samurai", un divertido artigo do historiador Paul Veyne sobre o seu amigo Michel Foucault.
Disque os "dez países máis fermosos e menos visitados do mundo".
As dimensións da riqueza que atesoura o idioma galego na súa toponimia: o 96% dos topónimos de todo o Estado español están en Galiza, debido á dispersión poboacional; deses, o 70% existe exclusivamente dentro do noso país.
E, para finalizarmos, un pouco de humor:
31 de ago. de 2014
29 de ago. de 2014
Versos para a sexta feira: Míriam Reyes
Aínda que naceu en Ourense no ano 1974, Míriam Reyes viviu até os 22 anos en Venezuela. Agora coido que reside en Madrid. Mais penso que a orixe latinoamericana é importante para entender o duplo sentido da palabra concha na última estrofa deste poema con que abre o seu libro Bella durmiente:
Mi cuerpo desnudo está aquí
y no en otra parte.Pasa y verás lo que haytras el esmalte de dientes.Pasa y verás.Mi cara no es mi cara.La pequeña señorita sin nombrela muñeca con lágrima.Por favor por favor por favorllévame a casa.Por favor por favorjuega conmigo.La autómata me protegecon su cuerpo de niña bonita de goma homologada.Qué dulce, qué dulce y perfectoen su vientre vacío suena el mar.A la gente le encanta.Le encanta la concha bajo la que el cangrejo ermitaño sobrevive.La gente prefiere las conchas, las lleva a su casase las acerca al oídolas escucha.
28 de ago. de 2014
Máis pobreza para Galiza
Galiza posúe o terceiro custo laboral máis baixo do Estado español, 304 euros mensuais por debaixo da media e 811 mensuais por debaixo do de Madrid. De 2013 a 2014 baixou un 0,4%.
Así e todo, a Xunta considera estratéxico, mesmo "indispensábel", que en Galiza se baixen aínda máis os salarios en 2015.
Quérennos vender como decisións económicas obxectivas o que son decisións políticas que traen máis miseria, máis inxustizas, máis desigualdade.
27 de ago. de 2014
Apagouse o candil de Peret
...mais a súa música continúa entre nós, igual que o seu alegre exemplo de simpatía pola diversidade cultural e nacional do Estado español.
Así, é verdade que son moitos os cantores que entoaron o "Apaga o candil" no Luar, mais el tamén en ocasións decidiu interpretar libremente ese temiña, por exemplo neste programa de Radio 3, onde explica "lo bonito es cantar aquí en gallego, cantar en catalán". Lembremos que na RNE non é nada fácil escoitar cancións nos idiomas de Galiza, Euskal Herria ou os Países Cataláns.
Ademais, moito cantei e bailei eu este seu temiña durante a miña adolescencia, que aínda hoxe me fai moita graza:
Descanse en paz.

Ice Bucket Challenge: rirmos e pensarmos
Hai ben de vídeos de Legados do Tibu e do Ice Bucket Challenge que se converten en enormes pifiadas. Hei de recoñecer que moitos non son capaz de terminar de velos, porque non lle encontro a graza cando alguén se puido facer moito dano (por exemplo, non sei que ten de simpático que a un/ha lle caia na cabeza un colector do lixo en lugar da auga...).
Mais este que vai a continuación si me fixo rir, e moito:
Polo demais, eu penso que está ben que campañas así axuden a crear consciencia sobre problemas como a ELA, darlles visibilidade e relevo social. Mais tamén coido que cómpre non esquecermos nunca que o diñeiro que se achega para as pesquisas ou os coidados médicos a través desta vía será sempre insuficiente en comparación co que poderían achegar os estados a través dunhas políticas máis xustas e democráticas. Mellor que a caridade é a xustiza.
Non sería mellor un Legado do Tibu, ou como se lle quixer chamar, por unha sanidade pública, gratuíta, democrática, que non sancione e castigue as persoas polo feito de padeceren unha doenza?

26 de ago. de 2014
Chegaron os trinta e seis!
Hai xa unhas horiñas que teño formalmente 36 anos. Ai, excepto cando se é pequeniño, a vida vai tan rápida!
Aínda me parece antonte cando fixen vinte e, como celebración íntima, fun á biblioteca municipal para copiar un poema que lle lera a Fermín Bouza Brey, de quen aínda non sabía moito.
Mais o caso é que xa neste parágrafo anterior non dixen que me parecese onte cando fixen vinte, senón "antonte"... :)
Con isto do aniversario vénme a tentación de escribir unha lista de cousas que me apetecen facer antes dos 40, se a saúde e o diñeiro o permitiren. Vouvos confesar algunhas, pequenas e grandes, e así xa as vou pondo por escrito:
- coñecer mellor a catedral de Santiago (hai varios recantos que aínda non vin ou que non recordo que vise e aos cales é imperdoábel non ir/voltar estando por aquí como estou),
- pasear en catamarán pola Ribeira Sacra,
- coñecer Pompeia e Herculano,
- pasar algunhas semanas en París e/ou Padua (por pedir que non sexa!),
- viaxar a Nova York (conformaríame con poucos días),
- terminar a tese dunha santísima vez (confío en que sexa bastante antes dos 40, mesmo antes dos 37 xD),
- ir a Sálvora (parece mentira, xa o sei!),
- ver os filmes de Woody Allen que me falten...
O caso é ter desexos. Que se cumpran ou non xa importa menos que ir cara a eles.
Bicos grandes!

25 de ago. de 2014
Algunhas versións de "Adiós ríos, adíos fontes" ou "Adiós, que eu voume"
En poucas horas (a próxima vez que dean as tres da madrugada) dígolle adeus aos 35 anos para lle dar a benvinda aos 36. E xa que estou cunha desas pequenas despedidas que temos na vida, que mellor que apelar a unha grandiosa despedida literaria, o coñecidísimo primeiro poema que Rosalía de Castro publicou en galego.
Velaquí van algunhas versións curiosas do texto: musicada en árabe por Dana Yasin, ao xeito mariachi por Patricia Vázquez en Air Galicia (encántame! seguro ao 100% que a uso nas aulas este curso!), cantada por Joan Báez coa música de Amancio Prada, un recitado en galego e árabe con poboación desa orixe que mora en Santiago de Compostela, outro recitado en galego e inglés feito por crianciñas da escola St. Mary's de Mullaghbawn (Irlanda), as coñecidas musicalizacións de Astarot por un lado e de Pucho Boedo cos Tamara polo outro e, xa para finalizar, o reverso do texto que se fixera para a publicidade dun banco.
Cal é a túa favorita?

24 de ago. de 2014
Ligazóns ao desvío para un 24 de agosto
Os segredos que revelan os papiros de Herculano.
Crítica de cinema do filme Pompeia: "Pompeya. Roma no paga a homosexuales", Manuel de la Fuente.
"Arca de Noé", Miguel Anxo Murado.
Soaba así o indoeuropeo?
"Nenos transexuais?", Gabriela Medín.
A obsesión de Javier León de la Riva contra as mulleres, en seis barbaridades. Cal é o partido en que milita este alcalde, que non decide a expulsión exemplar de tal energúmeno?
Ferguson: unha sobrevivente do Holocausto detida durante unha manifestación. Que interesante Hedy Epstein!
Coñezamos a Cova Eirós. Defendamos a Cova Eirós.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Assinar:
Postagens (Atom)