25 de ago de 2014

Algunhas versións de "Adiós ríos, adíos fontes" ou "Adiós, que eu voume"

En poucas horas (a próxima vez que dean as tres da madrugada) dígolle adeus aos 35 anos para lle dar a benvinda aos 36. E xa que estou cunha desas pequenas despedidas que temos na vida, que mellor que apelar a unha grandiosa despedida literaria, o coñecidísimo primeiro poema que Rosalía de Castro publicou en galego.

Velaquí van algunhas versións curiosas do texto: musicada en árabe por Dana Yasin, ao xeito mariachi por Patricia Vázquez en Air Galicia (encántame! seguro ao 100% que a uso nas aulas este curso!), cantada por Joan Báez coa música de Amancio Prada, un recitado en galego e árabe con poboación desa orixe que mora en Santiago de Compostela, outro recitado en galego e inglés feito por crianciñas da escola St. Mary's de Mullaghbawn (Irlanda), as coñecidas musicalizacións de Astarot por un lado e de  Pucho Boedo cos Tamara polo outro e, xa para finalizar, o reverso do texto que se fixera para a publicidade dun banco.

















Cal é a túa favorita?

Nenhum comentário:

Postar um comentário