27 de ago de 2014

Ice Bucket Challenge: rirmos e pensarmos

Hai ben de vídeos de Legados do Tibu e do Ice Bucket Challenge que se converten en enormes pifiadas. Hei de recoñecer que moitos non son capaz de terminar de velos, porque non lle encontro a graza cando alguén se puido facer moito dano (por exemplo, non sei que ten de simpático que a un/ha lle caia na cabeza un colector do lixo en lugar da auga...).

Mais este que vai a continuación si me fixo rir, e moito:



Polo demais, eu penso que está ben que campañas así axuden a crear consciencia sobre problemas como a ELA, darlles visibilidade e relevo social. Mais tamén coido que cómpre non esquecermos nunca que o diñeiro que se achega para as pesquisas ou os coidados médicos a través desta vía será sempre insuficiente en comparación co que poderían achegar os estados a través dunhas políticas máis xustas e democráticas. Mellor que a caridade é a xustiza.

Non sería mellor un Legado do Tibu, ou como se lle quixer chamar, por unha sanidade pública, gratuíta, democrática, que non sancione e castigue as persoas polo feito de padeceren unha doenza?

Nenhum comentário:

Postar um comentário