22 de jul de 2010

Grazas pola acollida!

Teño que continuarvos a agradecer a xenerosa acollida a En castellano no hay problema. A listaxe dos libros máis vendidos que publica A Nosa Terra neste último número sinálaa como a obra de non ficción no noso idioma que máis saída tivo esta semana. Obrigado.

As dúas próximas presentacións do libro serán:
  • Este sábado 24 de xullo ás 19.15 h, no marco do Festigal. Acompañaranme Alba Nogueira e Manuel Bragado.
  • A quinta feira 5 de agosto ás 18.30 h na Carpa da Semana Cultural da Carballeira de Zas (diante do centro sociocultural e da terceira idade). Intervirá tamén Pepe P. Alborés, técnico municipal de normalización lingüística.
Como veredes, no programa do Festigal hai moitísimas máis presentacións e actividades de enorme interese. Entre elas, A Mesa terá un posto permanente estes dous días para vender material, dar a coñecer as actividades da asociación e, claro, animar a que máis persoas fagan parte desta organización. Por certo, se aínda non es socia ou socio, a que agardas? Clica aquí!

Um comentário:

  1. O libro está xenial Carlos, de verdade que saber estas cousas nunca está de máis. E que maior orgullo ca ler a un compañeiro da Terra tan entregado a todo como o es ti.
    Un saúdo, sigue así e agardamos novas manifestascións a prol da nosa lingua!!!

    ResponderExcluir