2 de set de 2009

Outro vídeo de La Casa Azul: 'La nueva Yma Sumac'

Saíu un novo clip de La Casa Azul, coa canción "La nueva Yma Sumac". Moi irónica tendo en conta por que era coñecida esa cantora peruana e a voz que ten o noso Guille Milkiway.

Se xa nas actuacións en directo os debuxiños que acompañan este tema eran lindísimos, o vídeo supón un novo xiro na liña deste grupo inexistente, mais moi vinculado tanto á estética que tanto lle mola á súa alma mater como aos Archies dos que tantas veces ten falado como referentes:

4 comentários:

  1. Estupendo (s) La casa azul, si señor. Unha verdadeira caixa de referencias pop comandadas por un fan fatal que ten o talento de contaxiar o seu entusiasmo.
    Son Seso Durán, profe de música do IES As Bizocas de O Grove.
    Deixo link ao meu blogue, cunha actividade que me parece moi interesante para fomentar a escoita da música en galego entre o alumnado do noso país.
    Saúdos e parabéns por todo o traballo.
    http://sesoduran.wordpress.com/2009/07/30/motosicleta-man-lip-dub/

    ResponderExcluir
  2. Mola que te cagas ;)

    ResponderExcluir
  3. Moita grazas, Seso, por te pasares por aquí. Xa te inclúo no meu blogroll!

    E moi interesante sen dúbida a actividade que propós, que ademais é facilmente aplicábel tamén desde a materia de lingua galega e literatura.

    Unha apertiña!

    ResponderExcluir
  4. Moitas grazas Carlos, unha honra.
    Saúdos.

    ResponderExcluir