24 de jan. de 2010

O soneto 66 de Shakespeare

No final da miña intervención na praza do Obradoiro o pasado 21 de xaneiro, citei os dous últimos versos do soneto 66 de Shakespeare. O poema é unha exhausto laio ante a inxustiza e como o poder logra colocar o mundo ao revés. Fronte a iso, amósanos un camiño de esperanza última: hai que resistir para non deixar só a quen se ama:

Tired with all these, from these would I be gone,
save that, to die, I leave my love alone.


Este soneto foi elevado a símbolo en determinados círculos culturais na resistencia contra o nazismo, até o punto de que hai quen o denominou a "Lili Marleen dos intelectuais", segundo explica nunha interesante e documentada entrada no seu blog a historiadora Rosa Sala Rose.

Déixovos aquí dúas xeniais e sobrecolledoras interpretacións dunha versión alemá deste soneto por parte do Berliner Ensamble, con música de Rufus Wainwright e dirección de Robert Wilson:





LXVI

Tired with all these, for restful death I cry,
as, to behold desert a beggar born,
and needy nothing trimm'd in jollity,
and purest faith unhappily forsworn,
and guilded honour shamefully misplaced,
and maiden virtue rudely strumpeted,
and right perfection wrongfully disgraced,
and strength by limping sway disabled,
and art made tongue-tied by authority,
and folly doctor-like controlling skill,
and simple truth miscall'd simplicity,
and captive good attending captain ill:
Tired with all these, from these would I be gone,
save that, to die, I leave my love alone.

6 comentários:

  1. Non podedes permitir que Guillerme Vázquez vaia diante e Pachi Vázquez vaia detrás, iso non é bo para a unidade na defensa do galego. Como a xente do PsdG se descolgue por empezar a ser o tema partidista, entón acabouse todo. Porque a percepción social da protesta será que é un tema partidario. Espabilade, por favor, e contade cos demáis.
    O que non quita que vos felicita polo éxito da convocatoria

    ResponderExcluir
  2. E que Pachi Vázquez e o PsdG únense a estes por ir en contra de Feijoo, non por estar de acordo con toda esta panda. Pachi só quere cofrontación con Feijoo e non lle importa quedar mal con tal de levarlle a contraria.
    Ademais que é partidista xa o sabe todo o mundo, por moito que espabilen pouco teñen que facer, menos mal.

    ResponderExcluir
  3. Boas, supoño que o primeiro comentario, o de xos, é froito da información aparecida hoxe na Voz.

    A ese respecto, só debo indicar que o PSOE está onde o considera máis oportuno, algo totalmente respectábel. É lexítimo que apoien as mobilizacións sen faceren parte de Queremos Galego, a diferenza do BNG, que si se quixo incorporar desde o inicio.

    Tamén por ese motivo ían na faixa de cabeceira representantes da CIG e do STEG e non de CCOO e UXT, que tamén participaron do xeito que consideraron máis acaído.

    Sobre o segundo comentario non digo nada, que estou aborrecido de trolls.

    ResponderExcluir
  4. Agradezo, e moito, a aclaración. Malia todo, insisto que sigades nunha política de integración de diferentes colectivos, que é a base do éxito, e que contedes coa decisión de todos para as próximas mobilizacións. Sería magnífico unha convocatoria dalgo novo con todas as caras apoiándoa desde o primeiro momento. Unha rolda de prensa común, que puidera presentar algún persoeiro coñecido, e detrás todos. Que se trate de negociar algo así.
    Saúdos e gracias polo traballo realizado

    ResponderExcluir
  5. Moita negocioación entre os diferentes membros de Queremos galego, pero non son quen de ir á consellería facer propostas razonables e útiles para chegar a un acordo, non, é mellor facer ruído e mobilizar e manipular xente... Así nos foi... co bipartito non te alporizabas tanto e mira que non había motivos.. sen comentarios

    ResponderExcluir
  6. A versión alemá que cantan podédela consultar aquí: http://libelli.esmasoft.com/sonnet66/German/schuenke.html

    Outra páxina con informacións varias sobre o soneto 66 é estoutra: http://libelli.esmasoft.com/sonnet66/

    ResponderExcluir