15 de set de 2009

Apoio o boicote a Pescanova


Desde hoxe, xa sei que nas miñas visitas ao supermercado non comprarei produtos Pescanova e anímovos a que tampouco os merquedes.

ADEGA fixo o chamamento a boicotar esta empresa como forma de presionar para salvar a nosa costa, coa barbaridade de destruír Touriñán con 350.000 metros cadrados de cemento e plástico.

A actitude da Xunta de Galiza neste tema é unha boa mostra do talante incívico e prepotente do goberno de Alberto Núñez Feijóo.

6 comentários:

  1. Moi ben home compra de compañias gringas ou valencias,que son máis ecoloxistas,ala a foder os da casa,que é o auténcticamente galego, depois os queixaredes de carecer de apoios.O tema é máis complexo, e goste ou non ten o soporte do frijolito,elexido por nos.A mesa debería centrase na lingua

    ResponderExcluir
  2. Ola, anónimo "duar". Moitas grazas pola visita e polo comentario.

    A Mesa céntrase na lingua, como non vai ser doutro xeito. Mais esta non é unha páxina da Mesa: é o meu blog persoal.

    Pódoche asegurar que hai máis empresas que vendan produtos do mar que Pescanova. Ben delas galegas, por certo. Ti podes pagarlle a quen che agrede. Eu, na medida das miñas posibilidades, tentarei non caer nesa forma de masoquismo.

    Sobra dicir que o feito de que teña o soporte do goberno, ao que aludes, non quere dicir que haxa que aplaudir esa barbaridade de 350 mil metros cadrados de cemento destrozando o Cabo Touriñán.

    Unha aperta.

    ResponderExcluir
  3. Vouno colgar no meu blogue, axiña.
    Saúdos

    ResponderExcluir
  4. Mercabamos en Estados Unidos, no todopoderoso walmart produtos de pescanova pero creo que nos imos decantar por outras.

    ResponderExcluir
  5. Eu tamén me sumo ao boicote a Pescanova, e iso que lles mercaba os lombos de pescada relixiosamente todas as semanas... Probarei coas de El mar a ver que tal.

    Por certo, Rajoy tamén é galego e non por iso o imos votar nas próximas eleccións, verdade duar?

    ResponderExcluir
  6. Primeiro perdón por molestar, miña intención non é darlle,co cal no comparto moitas ideas, brasa a callón, xa existen outros que de xeito deleznable o fan.
    1) Eu creo que o portavoz da mesa, debe centrarse no galego,digo eu que habera outra xente para apoiar boicotes.Esta a situación para gañar amigos.Só é unha humilde opinión
    2)Todo o mundo e livre para lanzar boicots, pero eu podo non estar dacordo, non si?
    3)Pescanova e unha empresa privada, e o seu deber e gañar cartos.É o goberno de frijol o que lle da o consentimento, por elo el é o único culpable do que poda pasar en touriñan
    4)Ao último anonimo,claro que por ser galego non há que votar a rajoy, pero non me diras que votar a zp ou bng, millora moito a cousa.
    Un saudo a todos, só quería dar unha respetuosa opinión.

    ResponderExcluir