9 de fev. de 2009

A fracasada marcha do odio


O meu artigo desta semana vai sobre a fracasada manifestación de onte e as piruetas do PP no seu discurso lingüístico nos últimos anos.

Quixeron convocar a mobilización para condicionar as eleccións, mais van influír xusto no sentido contrario, pois demostraron que nin con todos os apoios chegados de fóra lograron xuntar 5.000 persoas, nos cálculos máis exaxerados (os propios organizadores falaron de 3.000, cando a policía local reduciu a cifra oficial a 2.500).

Por certo, mentres o PP galego facía o ridículo deste xeito, o PP catalán, máis intelixente a pesar de non estar agora en campaña, non secundou a mobilización de antonte en Barcelona contra a política lingüística da Generalitat e que tamén foi un rotundo fracaso de afluencia.

De calquera xeito, que os fumes e as mentiras non nos fagan esquecer o fundamental. A realidade é que a lexislación lingüística e o Plan xeral están sen aplicar, e aí xogámonos o presente e o futuro do noso idioma. Estes teñen que ser os nosos obxectivos inmediatos.

4 comentários:

  1. O comezo do artigo é terribelmente esclarecedor. Como podes ter esa momoria sendo tan noviño?

    Eu penso que a Feijoo con GaBi estalle a pasar como a Ratzinger cos lefevrianos. El verá se lle compensa todo ese descrédito só por conseguir que catro ultras cavernícolas lle rindan pleitesía.

    P punto

    ResponderExcluir
  2. Obrigado, "P punto", aínda que non son tan noviño e nese ano xa estaba na directiva da Mesa. De calquera xeito, tamén teño que agradecer a axuda de Lucía Rilo á hora de achar a información concreta.

    ResponderExcluir
  3. Através de Vieiros dei com um artigo muito interessante (http://nubosidadevariabel.blogspot.com/2009/02/entre-ciclon-e-ciclon-manifestacion.html) que julgo ser um excelente complemento às tuas reflexões, prezado Carlos.

    Saúde e língua.

    ResponderExcluir
  4. Muito esclarecedor Carlos.
    Destaque para isto:
    "A realidade é que a lexislación lingüística e o Plan xeral están sen aplicar, e aí xogámonos o presente e o futuro do noso idioma. Estes teñen que ser os nosos obxectivos inmediatos."

    O fume mediático não pode servir como escusa para não aplicar a legislação linguística. Eis o que querem os inimigos na língua.

    ResponderExcluir