15 de fev de 2009

Cómeme el coco, negro

Tras algunhas frustrada tentativa hai algúns meses en Barcelona, a semana pasada puiden ir ver o musical Cómeme el coco, negro, nunha das últimas entradas que restaban no seu derradeiro día en Madrid. O espectáculo ten xa bastantes anos, mais a compañía catalá La Cubana repúxoo para festexaren o seu cuarto de século en activo.

Se continuaren coa xira por algures e tedes oportunidade de acudir, recoméndovolo con todo o entusiasmo. Non vos podo pór aquí información ningunha para non vos estropear algunhas sorpresas e mesmo vos aconsello que non fedelledes na rede a ver se descubrides algo máis sobre o argumento. En calquera caso, de irdes, tentade ser puntuais, que en La Cubana levan os horarios moi a serio.

Rosa Valenty cantando "Que viene el coco":


Pedazo da representación en 1995:

2 comentários:

  1. Ben feito.Porque si dis o "intríngulis" dese xenial espectáculo... xa se chafa todo. Estivo con caixanova en Vigo e Coruña no verán do 2007, asi que non penso que volva. As cancións, a trama extraordinaria.Só unha pega: a ridiculización dos personaxes gays... é un tanto burda...e, neso, sí se nota o paso dos anos.Polo demais claro que sí que é moi recomendabel.Unha aperta...de "M"P"D"M".

    ResponderExcluir
  2. Ola, MPDM! Déboche unha chamada, ben o sei!

    Non sabía que estiveran por Galiza no verán de 2007.

    Así e todo, non concordo co dos gais. A min paréceme moi engrazado e non me resultou nada ofensivo. Mais penso que é interesante a túa perspectiva, pois nin por un segundo pensei iso.

    Un bicazo!

    ResponderExcluir