15 de fev de 2009

Público e privado

Acaba de chegarme ao correo electrónico que o diario La Opinión de A Coruña publicou hoxe partes da información do meu facebook, dentro dunha reportaxe sobre xente coñecida na cidade que ten perfil nesta páxina. Coas novas tecnoloxías rómpense e reconfiguránse, sen remedio, as barreiras entre o público e o privado. Isto acontece téñase ou non unha conta en facebook, tuenti, fotolog, un blog, unha canle en youtube...

Claro que o xeito de transmitir determinados datos pode dar lugar a lecturas un algo distorsionadoras sobre as miñas ideas e os meus gostos persoais:

Carlos Callón. El polémico presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística no duda en calificarse en su perfil de Facebook como un seguidor de Lenin, Evo Morales y Karl Marx -lo que aporta información sobre sus ideas-. El perfil también permite conocer sus gustos cinematográficos, pues se declara admirador de las películas Mary Poppins y Grease, así como del director Pedro Almodóvar. Amante de los "cubatas servidos en vaso ancho" y de las canciones de Ana Kiro y Rafaela Carrá; Callón asegura en su espacio de Facebook haber perdido mucho tiempo jugando a un videojuego para el teléfono móvil. Los grupos a los que pertenece están relacionados con la política y con el cometido de la institución que dirige.

Nin Mary Poppins está entre os meus vinte filmes favoritos nin perdo tempo pensando nas dimensións dos copos para os cubatas, mais ao menos podo consolarme pensando que non puxeron as veces que me secuestraron en serie nin o reconto dos bicos que recibiu a miña esquecidiña mascota virtual.

3 comentários:

  1. A verdade é que iso de feisbuc é como unha ficha policial autoxestionada : Identidade, gustos, relacións ...

    Hai que andarse con ollo, compañeiro !!!

    ResponderExcluir
  2. "El polémico presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística"

    así te son los polémicos jornales en castellano...

    ResponderExcluir
  3. Anónimo: Aínda que un non teña un perfil aí, é imposíbel controlar toda a información que se pendura dun en calquera destas páxinas. Aínda que non estea autoxestionado, pode estar heteroxestionado por calquera: un vídeo no que saes, unha foto, un texto...

    Queirámolo ou non, o mundo vai por aí e aínda non sabemos até onde chegará esta mátrix.

    ResponderExcluir