25 de fev. de 2009

Concentración contra a inxustiza e a homofobia


A Federación Aturuxo convocou para hoxe ás 20 h na praza do Toural de Santiago unha manifestación de repulsa á inxusta sentenza xudicial e de solidariedade coas familias das vítimas de Vigo.

Dáme moitísima raiba non poder estar alí, pois teño que desprazarme a outra cidade por razóns persoais e de traballo impostergábeis.

Por favor, todas e todos os que puiderdes, acudide.

2 comentários:

  1. No grupo de facebook "TOD@S CONTRA O TRIBUNAL POPULAR HOMÓFOBO DE VIGO" tamén informan de concentracións o 8 de marzo en Vigo e Madrid.

    María Sabucedo

    ResponderExcluir
  2. As últimas informacións do grupo de facebook son que a concentración pasa para o dia 7 de marzo no mesmo lugar e hora...

    ResponderExcluir