26 de fev. de 2009

Campaña suxa

A miña principal fonte de información desta campaña está a ser o blog de Anxo Lugilde para La Vanguardia, que trae datos e análises que ou non se ven nos medios galegos (xa non digamos nos madrileños!) ou chegan máis tarde. É a bitácora dun xornalista galego con moi boas fontes que pode escribir desde un medio catalán. O resultado é, con certeza, moi interesante.

Na súa entrada de hoxe, tras facer un repaso por algúns erros cometidos polo BNG na súa xestión e na campaña, conclúe dun xeito moi claro, co que concordo totalmente:

"Quintana está siendo objeto de un juego muy sucio, en el que están involucrados el PP de Ourense y otras instancias. Nunca hasta ahora en Galicia se habían traspasado de esta manera los límites de la vida privada, ni había pasado nada parecido a la increíble historia del teletipo apócrifo. Son asuntos más parecidos a la guerra de los espías de Madrid que a los clásicos líos de la política gallega. Y generan solidaridad con Quintana (...)."

Días atrás analizaba tamén, coa ollada limpa, que ao mesmo candidato do BNG "un poderoso grupo fáctico le somete a un diario examen por el que no pasaron nunca ni Fraga, ni Touriño, ni Feijoo."

A respecto das fotos de actualidade con Jacinto Rey, El Correo Gallego indica hoxe que xa as publicaran eles... en setembro de 2005.

Que opinades de todo isto?

8 comentários:

  1. Non é nada novo, os neo-conservadores americanos xa o empregaron contra Bill Clinton (e perderon, todo hai dicilo), e a susursal neocon en Galiza, chamada PP, está a utilizar a mesma táctica: ensuxar, enmerdar a todo dios, utilizar mentiras e difamacións, sacar do arquivo fotos do ano 2005, ataques persoais por SMS... todo vale contra o BNG. Queren evitar a toda costa que suba o BNG, porque dos dous partidos do bipartito só o BNG vai a subir. Iso está claro, porque senón non chegarían até estes extremos. Así que amigos e amigas, o día 1 de marzo non queda outra que ir a votar, se non queremos un goberno Popular, que quere converter Galiza nunha base neocon.

    ResponderExcluir
  2. Podemos estar totalmente dacordo con esto, mais tamén di o Anxo na aliña anterior:

    "¿Qué está pasando con Quintana? Pues, por una parte, están aflorando los efectos de su política de estos años, muy distinta en algunos aspectos a lo que el Bloque predicaba en la oposición y con características propias del “todo vale” que los nacionalistas criticaban en los tiempos de Fraga. Así se puso en evidencia en el ya célebre mitin de Oia, con ancianos que asistieron a un acto del BNG sin previo aviso, después de pagar por una comida y un viaje a Portugal. En este esquema también se encuadran las relaciones de Quintana con Jacinto Rey. Se puede cuestionar si las fotos son lícitas y si se publicarían imágenes similares de otros candidatos gallegos o de anteriores gobernantes de la Xunta, pero tienen un claro valor informativo."

    Autocarro de maiores enganados, fotos con Jacinto Rey... non só se debe de ser honrado, mas parecelo e aquí algo non cheira ben. Se o BNG sempre foi a punta de lanza da transparencia, a honradez e o traballo limpo fronte do PP e PSOE, todo iso fai abrollar un futuro ben escuro. O barco parece que perdeu o temón há moito tempo e non sabemos ben por onde ir

    O tempo dirá

    ResponderExcluir
  3. Como en google non vexo que haxa ningún Martiño Lourenzo no planeta, supoño que se trata dun alias. De calquera xeito, grazas por pasares e por dares a túa opinión.

    Eu concordo contigo en que o BNG cometeu erros tanto na súa xestión como na campaña. É imposíbel negalo. Agora ben, tamén me parece que hai diferentes varas de medir cando se exaxeran e se sacan de contexto estas equivocacións dos nacionalistas, mentres se minimizan e se ocultan outras do PSOE e, sobre todo, do PP. Ben, nestes casos moitas veces nin tan sequera se trata de meteduras de zoca senón de proxectos pensados e programados, tan graves como a fraude electoral do voto dos "residentes ausentes".

    Tamén me parece inxusto que os logros conseguidos nestes anos poidan eclipsarse por un titular demagóxico de última hora. Canta crítica epidérmica, desmemoriada e contraproducente se fai ás veces desde as posturas hipercríticas! (Non me refiro a ti, que non é o caso.)

    Agardar a que veña un movemento social perfecto e que nunca se equivoque para conseguir adiantos significa tanto como non acreditar na posibilidade de mellorar e avanzar. Eu, pola miña banda, non creo nin en supermáns nin en profetas. O que si acho en falta é máis ética xornalítica e menos individualismo, o cal non quere dicir nin compracencia nin peloteo nin ausencia de crítica, mais si un espírito máis construtivo, informado e ponderado.

    ResponderExcluir
  4. Erros de xestión e de campaña? non me cadra, mais ben parece un estilo de goberno, o tempo o dirá.
    O PP pode caciquear, pois vai diso e de aí saca os seus votos, pero o BNG saca os votos de xente honesta que currou anos e anos para rematar co caciquismo, xente que perdeu cartos e tempo buscando unha sociedade mais democrática, mais igualitaria, non se debe esquecer isto.
    As esixencias ao BNG e ao PP son diferentes e así han de ser, a min impórtame tres cojones o que faga o PP, non teñen o meu voto nen o meu apoio, pero non penso perdoarlle ao BNG políticas de dereitas, doulle 4 anos mais de prazo, vou votar BNG o Domingo como fixen nos últimos 20 anos, pero se Quin sigue con estes "erros de xestión" ou de " campaña" non volverei a votalo, pasarei a abstención porque todo non vale.

    ResponderExcluir
  5. Estame dando medo o que está facendo o PP.

    Como cheguen o poder, estamos mortos.

    Mañá; bueno hoxe, non poden gañar nin de coña ou iremos á merda

    ResponderExcluir
  6. Meu querido amigo: Paso por aquí moi brevemente, para felicitalo polo seu blog, que é magnífico, e para reiterarlle o meu afecto de sempre.

    E para apuntar, de paso, se me permite, que é unha pena que -para ben do país- na política non se voe un pouco máis alto do que algúns fan...

    Almiral Mouchez

    ResponderExcluir
  7. Noraboa polo de onte...!!!!!

    Almiral Mouchez

    ResponderExcluir
  8. Señor Callón desearia que usted me informe como puedo comunicarme con los familiares de una persona fallecida en Argentina, ya que estos familiares viven en España y son oriundos de Galicia. A traves del consulado no pude conseguir informacion, ya que si no tengo mas datos de los que tengo que son el nombre del fallecido, por ser demasiado comun, es imposible encontrarlos. Desde ya le agradezco si tuviera la amabilidad de contestarme. Gracias
    Silvia-T2010@hotmail.com

    ResponderExcluir