Por me distraer doutras preocupacións, bótolle un ollo á ferramenta de Google Analytics para saber que cousas vos interesaron máis ás persoas que pasastes por este blogue ao longo dos 365 días de 2014.
O primeiro que me sorprende é que, segundo eses datos, o 61% das persoas que entrades por acó sodes máis novas ca min: seica o 27,50% sodes de entre 18 e 24 anos e o 33,50% de entre 24 e 34. Se tal información for fiábel (que non o sei en que grao), pregúntome por que máis dese tempo ca da miña idade ou maiores? A resposta da fenda tecnolóxica non me vale...
Tamén me sorprende ver o dato (aquí teñen de todo!) de que o 57,34% das persoas que fixestes unha visita desde un dispositivo móbil foi desde un Apple iPad. Dade un saudiño quen así sexa, que vexo que sodes (ou fostes?) maioría.
Vou con outra curiosidade máis. Aínda que son diversas as procuras en internet que acaban por levar para acó, e algunhas son mesmo sorprendentes e inverorsímiles porque nada teñen a ver con esta bitácula, a que trouxo a máis xente é "carlos callón topónimos deturpados". Oxalá axiña non fixese falta unha procura tan patética que demostra até que punto continúan a vulnerarse dereitos básicos.
E imos xa coa derradeira curiosidade. As ligazóns máis vistas en 2014 foron:
1) Carta de despedida da presidencia (e de continuidade do activismo!)
2) Titular da TVG: "Os encapuchados falaban galego".
3) La imposición del gallego, en cifras.
4) "Encapuchados y con acento gallego" (de 2013)
5) A Esmorga: un novo salto para o cinema galego.
6) Desde o sábado será o novo presidente da Mesa. Forza!
7) Música para a segunda feira: Paco Nogueiras canta o Samaín e o galego.
8) Non aceptamos pulpo como animal acuático (nin como animal de compañía).
9) O Goberno galego favorece a ignorancia da cultura propia.
10) "Prefieren a veces callarse o contestar con monosílabos".
Mostrando postagens com marcador galego na escola. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador galego na escola. Mostrar todas as postagens
1 de jan. de 2015
Este blogue e 2014
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
6 de dez. de 2014
"Prefieren a veces callarse o contestar con monosílabos"
Este pequeno vídeo fala da vida escolar en Friol no ano 1979, poucos meses despois de se aprobar a Sacrosanta Constitución que temos que continuar a tragar na actualidade.
Penso que é bo velo nestes días en que a saída dun novo estudo sociolingüístico fai que haxa xente disque sorprendida da caída de falantes do galego ou mesmo que acaba concluíndo que é unha "escolla libre" (!). Como é bo de ver, tal perda non é en absoluto espontánea, senón que ten causas que cómpre lembrarmos para podermos rectificar o camiño:

18 de jun. de 2014
La imposición del gallego, en cifras
O galego impúxose na educación infantil das nosas sete cidades durante o curso escolar que remata do desmesuradísimo xeito que podedes ver nas gráficas:
Así o demostra un rigoroso estudo da Mesa pola Normalización Lingüística, que podedes baixar en pdf desde esta ligazón. Así o sabe a Xunta de Galiza, que por iso se nega a dar os datos que debería ofrecer publicamente sobre as distribucións lingüísticas dos horarios escolares do país. Así non o demostran nin o Consello de Cultura Galega nin a Real Academia Galega que, conscientes do desastre, prefiren ollar para outro lado, asubiar e continuar co festín de migallas para hoxe e fame para mañá que lles ofrecen.
Como ben recordou onte o presidente da Mesa, Marcos Maceira, ningunha outra comunidade do Estado padece unha situación semellante coa súa lingua. É que, igual que nos recorda a canción, "Queren destruílo todo e comezan polo idioma". Porque saben que "se perdemos a fala non seremos ninguén", como nos recordou o noso poeta nacional. Temos as diagnoses, poñámonos cos remedios.
Non podemos tolerar a aniquilación da nosa identidade! Deámoslle forza á Mesa! Mobilicémonos en defensa da nosa cultura! Reclamemos ensino en galego para os nosos nenos e nenas! Activémonos!

17 de mar. de 2013
Antoloxía dominical
- "Camiñamos cara a unha sociedade de doentes", entrevista a Javier Peteiro en La Vanguardia.- "Cando os parlamentarios non tiñan soldo", Antonio Escudero en El País.
- A CIG pon en funcionamento un banco de alimentos. Nova en Sermos Galiza.
- A Mesa insta a Feijóo a que “promulgue un decreto que si se axuste ao Estatuto, á Lei de Normalización, ao Plan de Normalización e á Carta Europea das Linguas”.
- Taboleiro do Libro Galego da primeira quincena de marzo, elaborado polo crítico Ramón Nicolás. Grazas pola boa acollida que continúa a ter Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez!
- A Casa de Rosalía abriuse de novo ao público.
15 de fev. de 2013
A lei Wert e as súas repercusións no galego, o catalán e o vasco
11 de jan. de 2013
Axúdanos a divulgalo!
É importante que a información da mobilización nacional deste 27 de xaneiro chegue a todos os recantos de Galiza. Por iso, por favor, comparte nas túas redes sociais os cartaces que, coma este, se realizaron para a convocatoria.
Outro xeito moi sinxeliño para a difusión, e tamén gratuíto, é a través do whatsapp. Por exemplo, con este texto:
Continuamos!27 de xaneiro. Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola. Derrogación xa do decretazo. Non á lei Wert. Manifestación ás 12h desde a Alameda de Compostela. Espallar a mensaxe é tan sinxelo como copiar e pegar.
Assinar:
Postagens (Atom)