22 de mar. de 2016

Foi o Día da Poesía


Onte as redes sociais en Galiza estiveron sobre todo a divulgar diferentes poemas de Manuel María, a quen homenaxeamos este ano nas Letras. Eu tamén puxen o meu pequeno gran de area, tanto polo que subín como polos dous lindísimos que lle rechiei a Paulo Filgueiras Fachal.

Ademais, aproveitei para subir á miña páxina en Facebook dous textos con dúas consideracións diferentes da poesía. Unha, contrariando as súas posibilidades, fíxoa un dos maiores poetas do século XX; a outra, defendendo a súa utilidade contemporánea, asínaa un fecundo ensaísta. Velaquí as penduro, tamén:
Como a música, o verso é limitado por leis rítmicas, que, ainda que não sejam as leis rígidas do verso regular, existem todavia como resguardos, coacções, dispositivos automáticos de opressão e castigo. Na prosa falamos livres.
(Fernando Pessoa, Livro do Desassossego)

A coñecida frase de Adorno necesitaría, pois, unha corrección: non é a poesía o que é imposíbel após Auschwitz, senón a prosa. A prosa realista fracasa onde triunfa a evocación poética da inaturábel atmosfera dun campo. Isto é, cando Adorno declara que a poesía é imposíbel (ou, máis ben, "bárbara") após Auschwitz, esta imposibilidade é habilitadora: a poesía trata sempre, por definición, sobre algo que non pode ser nomeado de forma directa, só aludido.
(Slavoj Žižek, Violencia)

Nenhum comentário:

Postar um comentário