- "¿Podemos ya hablar de Podemos?", Suso de Toro.
- Podes navegar un pouquiño por Canal Extremadura, para veres os programas de radio e televisión que teñen para se achegaren á cultura portuguesa. E na TVG e na RG?
- Cibrán Arxibai fixo esta selección de textos que escribín sobre lingua. Moi obrigado pola atención e pola peneira!
- "Lasciate ogni speranza", Xavier Campos.
- "Antropónimos galegos", Pilar Ponte.
- "O PP reduciu nun 80% a dotación para bibliotecas de libros en galego", César Lorenzo Gil.
- "Non esperaba unha evolución política destas características". Entrevista a Francisco Rodríguez con motivo da quinta edición de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza.
Mostrando postagens com marcador Pilar Ponte. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Pilar Ponte. Mostrar todas as postagens
20 de mar. de 2016
Ligazóns ao desvío para un vinte de marzo
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
18 de jan. de 2011
A obsolescencia planificada e a obsolescencia percibida
A través da Profa coñecín este recomendábel documentario sobre a obsolescencia planificada, onde todas e todos nos podemos ver reflectidos:
Ademais do concepto de obsolescencia planificada, máis vinculado coa intención de pórlle un tope concreto de duración a un determinado produto que podería ter unha maior vida útil, está o da obsolescencia percibida. Esta refírese á maquinaria publicitaria que nos leva a "necesitar" o último produto do mercado, aínda que nós teñamos xa un anterior que desempeña as mesmas funcións.
Estes métodos son fundamentais para comprendermos como funciona o capitalismo na actualidade e como se ergue un dos grandes piares da infelicidade.
Comprar, tirar, comprar from Aprofa on Vimeo.
Que erga a man alguén a quen non lle pasou algo como o desa impresora, for con ese mesmo aparello, co telemóbel, coa máquina de barbear... A que todas e todos estades coas mans ben abaixo?Ademais do concepto de obsolescencia planificada, máis vinculado coa intención de pórlle un tope concreto de duración a un determinado produto que podería ter unha maior vida útil, está o da obsolescencia percibida. Esta refírese á maquinaria publicitaria que nos leva a "necesitar" o último produto do mercado, aínda que nós teñamos xa un anterior que desempeña as mesmas funcións.
Estes métodos son fundamentais para comprendermos como funciona o capitalismo na actualidade e como se ergue un dos grandes piares da infelicidade.
5 de fev. de 2010
Desmontando a galegofobia

O libro 55 mentiras sobre a lingua galega ten hoxe unha presentación de Guinnes, con 69 lugares do mundo dando a coñecer este libro de forma simultánea. Aquí e aquí podedes consultar cal é o acto que vos queda máis próximo. Eu irei escoitar e aplaudir ás 20.30 h na libraría Couceiro de Santiago aos compañeiros Xosé Luís Regueira, Antón Dobao e Mª do Carme Ríos Panisse.
Quen non vos poidades achegar a ningunha das numerosas presentacións, sabede que tamén podedes ver en directo, desde aquí, a presentación en Vigo, con Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado e Xosé Henrique Costas. Este último, sempre dinámico, activo e pedagóxico na defensa do noso idioma, foi o coordinador deste volume para ler e agasallar.
A profesora Pilar Ponte preparou esta presentación coas respostas a 20 das falsidades que se verten contra o noso idioma:
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
View more presentations from A profa .
Assinar:
Postagens (Atom)