23 de mar. de 2012

Correlingua: Censuraría Conde Roa a Corina Porro?

No ataque contra calquera proposta que pretenda promover minimamente o noso idioma, hai xa un tempiño que lle tocou a vez ao Correlingua. Agora a "imposición" (!!!) do galego, ademais doutras barbaridades ("adoutrinamento de terroristas"!!!!!!, "xenofobia"!!!!!!), provén dunha actividade deportivo-cultural onde se chama á reflexión e ao festexo de termos lingua propia. A quen incomoda que se defenda o noso idioma, cumprindo así mandatos legais que se remontan ao mesmo Estatuto de Autonomía?

Os sectores máis reaccionarios tentan tombar o Correlingua. Sementan infundios, queren censurar os textos que se presentan aos concursos anuais do proxecto e mesmo retiran un apoio institucional tan escaso como a colocación dun palco. Digámolo claro: quen actúa dese xeito ten unha visión totalitaria da sociedade, na cal só unha idea é válida e quen discrepe dela debe estar a pan e auga.

Hai que ser moi moi moi moi ultra para atacar un proxecto como o Correlingua, no cal mesmo colaborou Corina Porro. Aí a vemos na fotografía que encabeza esta entrada, lendo unha arenga á rapazada que participou na carreira de 2004. Lembro ademais que por modificacións de última hora da miña axenda non estou nesa fotografía. Xa sería engrazado!

A dirixente do PP, que cinco anos despois participaría esquizofrenicamente nunha manifestación contra o galego, dicía daquela, co apoio de Ignacio López Chaves, alí presente so o gardachuvas:

O simbolismo desta carreira en defensa do idioma galego agocha unha clara necesidade: a normalización definitiva do uso da nosa lingua na escola, no mercado, no traballo, na casa... (...) Antes ca nós protexeron e defenderon o noso idioma as Irmandades da Fala, a Xeración Nós, Risco, Castelao ou Otero Pedraio.

[Defendamos] o dereito de todos á lingua, á cultura propia e á preservación do patrimonio histórico e etnográfico dos pobos como parte da súa memoria colectiva.

Estas palabras de Corina Porro pasarían a censura actual de Conde Roa e da caverna mediática?

Abofé que temos moitos motivos para a manifestación deste 17 de maio!

8 comentários:

  1. As bandeiras coa estrela comunista que portan os cativos, vímolas todos, así que o demais sobre que non se fai adoctrinamento cos cativos, sobra. O fallo da análise radica en non considerar que se fai desde unha ideoloxía estremista, que chegou ao estremo de asinar contra a ilegalización de HB que os tribunais dixeran que era o mesmo de ETA.

    ResponderExcluir
  2. Señor anónimo, a ese mesmo "extremo" chegaron moitos outros intelectuais de todo o mundo, que afirmaban que a ilegalización de HB supuña a ilegalización dunha ideoloxía, o que na práctica deixa sen posibilidade de representación a milleiros de vascos. Eu apoio esa interpretación e nego que HB sexa ETA porque o digan os tribunais (eses mesmos que dixeron que unha violación non era tal por vestir a víctima uns vaqueiros). O que non sei é que ten que ver iso co Correlingua.

    ResponderExcluir
  3. Estás acabadísimo. Das pena.

    ResponderExcluir
  4. Anónimo da 01:43 ou da 01:45, que tanto monta, ou o que é o mesmo, querida Maru: dilo todo cando consideras a Callón un intelectual. Nunca gañaredes unhas eleccións en Galicia por algo moi sinxelo: considerades que a xente é, básicamente, imbécil. Até para mentir e enganar hai que ter unha certa intelixencia non memorística. Por outra banda, diciao hai pouco Beiras, e non coas limitación propias dun filólogo (carreira que non é Camiños ou Teleco e que na miña experiencia se adoita facer nas cafeterías con tempo libre dabondo para meterse en política, xogar á play ou rañar el orto): cando se considera que o fin xustifica os medios non hai ética, non hai nada. Si, seguramente non se rouba, non se mata directamente, pero si se fai todo o anterior mirando para outro lado. E aquí vólvese a cumprir esa regra non escrita da esquerdallada: cando as resolucións dos tribunais sonlle favorables, entón se empregan como argumentum ad verecundiam; cando lle son contrarias, entón é que os tribunais son feixistas e o demo. Quedas re-tra-ta-do.

    ResponderExcluir
  5. pra traballador e imparcial xa estas ti

    ResponderExcluir
  6. Cado menos, cari, eu nunca militei nin milito en nada, ao longo da miña vida votei de todo, e teño intención de chegar así ao fin da miña vida, aínda que morra pobre, pero colega, coa satisfación de saber que fun legal, honrado que dicían os vellos, sen obter beneficios persoais en forma de carguiños, subvencións e outros procedentes de tramas clientelares e de poder, etc. Cando ti poidas dicir o mesmo, avisas bonitiñ@

    ResponderExcluir
  7. Goodbye Correlingua, jajajajaja

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Good Bye Andaluciaa!! Good Bye Campeón!! jaur, jaur, jaur

      Excluir