17 de mai de 2012

Vinde coas gorxas preparadas! Vémonos ás 12!




O PP, a través do goberno municipal de Santiago, tentou evitar que a mobilización social de hoxe en defensa do noso idioma transcorrese coa normalidade de sempre. Como xa saberedes, recorremos con urxencia aos tribunais, que ditaminaron a favor de Queremos Galego. Por que ao PP o incomoda tanto que saiamos á rúa en defensa do idioma propio de Galiza?

Hoxe poderemos tomar de novo imaxes tan impactantes en defensa do galego como as que se ven no vídeo de aquí arriba. A propósito, preparádevos tamén para cantarmos a canción que aí se ouve, "Ergámonos", de Zurrumalla. A plataforma Queremos Galego distribuirá follas voandeiras coa súa letra durante o percorrido da manifestación, para que poidamos entoala entre todas e todos.

Ergámonos!

Pola lingua que nos une!

Paremos os ataques contra o galego!

Nenhum comentário:

Postar um comentário