1 de mai. de 2012

Próximas presentacións de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos


Agardo que non me mate Olga Patiño Abeixón por recuperar esta imaxe dunha manifestación dun 17 de maio de hai xa algúns aniños (de 1999 ou de 2000?). Desde as Mocidades da Mesa fixéramos daquela piruletas como as que aí levamos para amosar no percorrido da mobilización. Denunciabamos unha situación de discriminación para a nosa lingua no ensino que, tristemente, só se agudizou cos anos, aínda que mesmo podería estar peor de non ser pola resposta social en xeral e das comunidades educativas en particular.

Como sabemos que defendemos algo xusto e democrático, non cesaremos de reclamar a igualdade de dereitos para o noso idioma. E por iso nos veremos de novo nas rúas de Santiago de Compostela o vindeiro día 17, verdade?

Tamén nesa senda continúa a axenda pública de presentacións do manual práctico Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. As próximas serán:

Barcelona: 9 de maio, 20:30 h., Galería Sargadelos.

Malpica: 14 de maio, 20:30 h., Centro Cívico.

Viveiro: 18 de maio, 20:30 h, Casa do Concello.


Continuamos!

Pola  lingua que nos une!

Nenhum comentário:

Postar um comentário