6 de abr de 2011

Aínda sobre a manipulación informativa da RTVG



A entrada que escribín un par de horas despois do telexornal do pasado domingo, pondo un exemplo das altas cotas de manipulación informativa a que chega a RTVG baixo o goberno de Núñez Feijóo, tivo nestes tres días un total de 6.500 consultas.

Porén, tal nivel de propaganda do partido do goberno abrindo un informativo da televisión pública non tivo case repercusión, alén de nas redes sociais Chúzame e Menéame, un artigo en Xornal e unha nova na portada de Galicia Confidencial. Dá para reflexionar que o que debería ser un escándalo pase como unha anécdota na maioría dos medios.

Polo lado bo podemos concluír que o feito de que haxa tantas visitas a esta nova en tres días tamén amosa que hai moita xente con ansias de poder obter unha información alternativa e con ganas de ter tamén presenza nos nosos medios públicos. Porque a sociedade galega non é monolítica, senón plural, diversa. Temos que andar ese camiño.

Um comentário:

  1. Estaba onte camiñando pola rúa no meu pobo (Redondela) e atopeime coa oficiña de correos. Había un cartel que estaba en bilingüe, esa palabra que tanto gosta, e parei a lelo. Cal foi a miña sorpresa que a frase en galego estaba ateigada de faltas. Dúas en apenas 4 palabras.

    http://twitpic.com/4hxch3

    ResponderExcluir