15 de abr. de 2011

De Ordes a Mallorca



Estas dúas fotografías, con Gonzalo Castro e Lucía Noia, pertencen á presentación en Ordes do libro En castellano no hay problema. O coloquio foi tan animado que, sen nos decatarmos, estivemos case dúas horas falando sobre a situación do idioma e as súas alternativas de futuro. E tamén fomos xestando un acto en Tordoia para as vindeiras semanas ;)

Mañá hai outra presentación deste libriño, mais será un pouquichiño máis lonxe: en Campos, na illa de Mallorca, ás 17 h, no marco do Acampallengua que organizan Joves de Mallorca per la Llengua. Ademais deste acto ao que me convidaron, o Acampallengua ten unha cantidade de actividades impresionante, das que agardo aprender moito. Xa contarei por aquí!

Nenhum comentário:

Postar um comentário