A contextualizar esta unión dedico unha parte do estudo Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, que chegará ás librarías dentro de poucas semanas.
De momento, deixo aquí unha reprodución do documento no Tombo de Celanova, cunha fotografía en preto e branco que tirei do Portal de Archivos Españoles. Cómpre recoñecer que se se acometeu a necesarísima dixitalización deste fondos medievais galegos, espoliados coa desamortización, foi grazas á presión constante do BNG.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEglZXg2QwqieZdTlZ6VlkpIeu8gBwaQd8_QUjrsqFCqICO7r1J406Hrum6gN9O24Lm4AnL_xDwtUS0qrnoU1vqTUHe2z-hmK8gV5HKuP0rUTAfe0sbslJwGnmkv0gF-XzPLlCjkcPEHqTM/s400/Tombo+Celanova_Uni%25C3%25B3n+Pedro+e+Mu%25C3%25B1o_1.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgWojHO2x55RvAceImDc_c_xjh8rvUMezeMPdRxTGQr0PL3ehobOm07fp9hGrUvAV2A4XfEvlPCAdqh2bHsQ9cySQY8qrs3ao1RibfDX7DNl39F7-a60Sp0N1mQ3g58MnETR8O6A1-pQ4s/s400/Tombo+Celanova_Uni%25C3%25B3n+Pedro+e+Mu%25C3%25B1o_2.jpg)
pfffffffffffffffffffffff é ben certo que a historia naconalista é inventada, porque floto coa suposta parella gay
ResponderExcluirbótalle unha ollada anda http://www.archive.org/stream/revistadearchivo13spaiuoft/revistadearchivo13spaiuoft_djvu.txt
Ola!
ResponderExcluirGrazas pola atención, mais o que fica máis claro é que a historia antinacionalista e homófoba ten escasa capacidade crítica. Se o único que fixeches foi procurar en Google a ver que che aparecía e nin o acabaches de comprender! :)
Ese artigo de Hinojosa coñézoo ben, igual que o coñecía Boswell, que o tomou como primeira referencia para falar da unión de Pedro e Muño. En fin, que se en vez de procurares ás cegas na rede leses algo de bibliografía sobre o tema, xa darías moito antes con el.
Se queres saber todo o que puiden sacar da precoz pesquisa de Eduardo Hinojosa podes ir ao capítulo 14 do meu libro "Amigos e sodomitas", en especial a páxina 162. Se queres, a partir de aí, podemos continuar a falar
Unha aperta!
Tamén a páxina 159 ;)
ResponderExcluir