20 de abr de 2011

A Mesa: 25 anos


O 20 de abril de 1986, Ricardo Carvalho Calero fechaba uns Encontros sobre Normalización Lingüística onde se congregaron 487 persoas. Alí acordouse constituír A Mesa pola Normalización Lingüística, primeiro como plataforma e, máis tarde, como asociación independente.

Botando a ollada atrás, podemos estar orgullosas e orgullosos do traballo realizado e, tamén, aínda que pareza unha evidencia, de sermos capaces de soster esta ferramenta colectiva na defensa do noso idioma. Con tal nivel de desamparo institucional e de ataques desde o poder, xa é de seu noticiábel a sobrevivencia dunha asociación como esta, nun país inzado de números cero.

O desexo das 4.000 persoas que hoxe conformamos A Mesa é podermos fechar as nosas portas máis cedo que tarde; que A Mesa xa non faga falta, porque ninguén teña problemas para poder vivir no idioma propio do país. Porén, mentres isto non sexa así, que ninguén o dubide: temos moita forza e moitas ganas para seguir batallando.

Por mil primaveras máis!

Nenhum comentário:

Postar um comentário