23 de set. de 2009

O 18 de outubro faremos historia

A plataforma Queremos Galego convócanos a unha manifestación en defensa da nosa lingua para o domingo 18 de outubro. Os vindeiros meses serán cruciais para gañarmos o futuro para o noso idioma propio. Temos que movernos!

Velaquí o vídeo de presentación do evento a pasada sexta feira. Non o procuredes no web da TVG, porque a televisión pública galega non acudiu ao evento:



3 comentários:

  1. Gustáronme moito as verbas de Xurxo Souto. Gozaba tamén do seu programa "Aberto por vacacións", un auténtico "oasis" para a música galega de vangarda. Só dicir que, e seguindo coa necesidade apuntada por EL de FACER VISIBLES á xente moza que case HEROICAMENTE, fronte á múltiples adversidades ,fala en galego a diario... DARLLE UN TIRON DE ORELLAS Á TVG da época TOURIÑO, pois só DOUS PROGRAMAS "MIRAXES" e "ONDA CURTA"... mostraban parte deses heroes anónimos. A TELEVISION E A QUE EDUCA HOXE, QUERAMOLO OU NON. E, dende a galega, non chega ensinar a ama-lo galego escoitando ao dono do "CAN REX" falando en galego. Os rapaces galegos teñen que ver aos centos, milleiros de galegos que se rin, estudan, fan deporte, din tacos, namóranse, dialogan en galego. Para ter un espello onde verse reflexados, ou no que aprenderen por imitación. PARECEME INCRIBLE cómo se ten esquecido a pontecialidade NORMALIZADORA que ten a tele. AH! Pero xa me esquecía... !!! non me lembraba de que a TVG non se creou para iso...¡SEREI PARVO!! A TVG creouse coma arma política, para destruí-lo adversario político. Resumindo: NON SAE XENTE XOVEN NA GALEGA. POLO TANTO... o galego debe ser cousa de maiores...

    ResponderExcluir
  2. O programa chamábase "Aberto por reformaS"...E.. veu Feijoo e rematou de reformalo!!! Vaia si o reformou.
    Na actualidade o programa sigue, mais con outro presentador.

    ResponderExcluir
  3. Era "Aberto por reformas" e pasou a "Alberto (Núñez Feijóo) por reformas". Igual que o programa ese que agora botan na TVG en lugar do debate de antes: "Foro Alberto".

    ResponderExcluir