2 de mar. de 2009

Os ataques e as defensas

Unha amiga pásame unha fotomontaxe que colleu do web de Galicia Bilingüe na que me colocan disque nas filas dos servizos de desemprego (de Madrid?!). Por se non me recoñecedes, son o de verde.

Xa sei que non é novidade, porque nesa páxina xa fixeron un día unha colaxe na que me puñan como un presidiario e outra na que me casaban co que vai ser o novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó, disque porque este usa moito o galego. A listaxe de insultos que me teñen pasado deste web é longa, entre os cales sobrancean os homófobos, en plan que "perdo aceite". Alá eles con ese lamentábel odio que os retrata.

Se pensan que os compañeiros e compañeiras da Mesa, eu entre elas e eles, imos deixar de dar a batalla, van bos. Sabemos ben que todos os adiantos para o noso idioma foron gañados a pulso e estamos afeitos pola historia aos terreos adversos e á intemperie. Mobilizarémonos en defensa da nosa lingua máis que nunca. Temos moito por dicir e moito por facer!

5 comentários:

  1. A fotomontaxe esa é realmente ruín, pero non por maliciosa, senón por cutre.
    Unha aperta.

    ResponderExcluir
  2. Ánimo Carlos, estamos tod@s contigo e coa Mesa.
    Xa pasamos anos de persecución así que estes señoritiños de patacón non nos van amedrentar.
    Saúdos!

    ResponderExcluir
  3. galego máis ca nunca!!!!

    ResponderExcluir
  4. A culpa é tua por masoquista :D

    Agora a sério... àquelas pessoas que tanto se lhes encheu a boca nos dias 8-F em diante falando de gente que reclamava "liberdade", "igualdade", etc., recomendaria-lhes passearem polo fórum de Galicia Bilingüe, que não têm nada a invejar a qualquer taberna nazional-socialista ou a um encontro das juventudes (ou até da 3ª idade :D) da Falange espanhola.

    ResponderExcluir
  5. Eles son así, bagas envelenadas sempre vai haber. Por min que apodrezan. Facerlles caso é demostrarlles que lle importan. Non lles faga caso!

    ResponderExcluir