21 de mar. de 2009

Ellos en Galiza!

Dentro de cinco semaniñas dará tres concertos en Galiza un dos meus grupos favoritos: Ellos, formado por Guille Mostaza e Santi Capote. A axenda váiseme complicando cada día un pouco máis de cara ao 17 de maio, porén gardo a esperanza de poder facer polo menos unha paréntese unha noite para ilos ver: for o 23 na Sala Karma de Pontevedra, o 24 na Sala Mondo de Vigo ou (o máis probábel) o 25 no Playa Club da Coruña.

Se non os coñecedes, póñovos un dos seus primeiros éxitos, que foi apropiado como un hit gai:



Vós tamén sodes fans?

2 comentários:

  1. Non, nós, e non é por levar a contraria, somos fans de The Ellas:
    http://www.youtube.com/watch?v=f3ZpVEeCblE

    ResponderExcluir
  2. SON XENIAIS!!! Vínnos o día do orugullo na quintana fai uns anos, e o directo é sinceiramente bó. Por certo. ¿ALGUEN SABE ONDE SE PODEN MERCAR AS ENTRADAS?
    Grazas.

    ResponderExcluir