11 de mar de 2009

Fas máis falta que nunca!

Precisamos unha Mesa forte. Para respondermos aos intensos ataques contra o noso idioma. Para gañarmos espazos e defendermos os nosos dereitos lingüísticos, tanto individuais como colectivos.

Por iso, hoxe A Mesa puxo na rede unha nova campaña de afiliación, para que nas velas deste barco haxa máis vento. Os bánners desta iniciativa divulgaranse segundo cada un/ha de vós considerar, a través de páxinas web e blogs.

Temos que ser conscientes de que estamos nunha encrucillada histórica na que se decide a propia existencia de Galiza. O obxectivo inmediato é impedir que se desmantele a oficialidade da nosa lingua, como pretende facer o PP desde o Goberno da Xunta. Por iso urxe máis que nunca o apoio de todas e todos.

Clicando abaixo tes tanto o formulario para te afiliares á Mesa como para coller outros bánners (con outros deseños e tamaños) para póres na túa propia páxina. Grazas polo teu apoio!

Fas máis falta que nunca. Organízate para defender o galego. AFLÍLIATE á Mesa.

4 comentários:

  1. Pasatempo:

    Cambiando no texto anterior a palabra "Mesa" pola palabra "UPG" obterá vostede a razón pola que non había case ninguén das devanditas organizacións na contramanifestación de Falacia Bilingüe

    ResponderExcluir
  2. Carlos, non pensas moderar ou eliminar mensaxes insultantes como a do "Anónimo" de 10:53?

    Paréceme o colmo do cainismo que haxa xente que diga defender o galego e que non teña máis en que gastar o tempo que en atacar a asociacións como A MESA, sobre todo nos tempos nos que estamos.

    Eu xa estou afiliada, pero intentarei que haxa novas altas e botarei unha man no que poda daquí ao 17 de maio.

    A.

    ResponderExcluir
  3. "Precisamos unha Mesa forte", sim. "De madera, madera", sobretudo neste ano em que o Dia das Letras Galegas está dedicado a "Don Pino"! :P

    http://www.youtube.com/watch?v=kUEK9i2HNT8

    P.S.: Desculpa, desculpem a minha céptica irreverência ;)

    ResponderExcluir
  4. Antes de ler nada, entra no google e que empece a soar...
    http://www.youtube.com/watch?v=zZKyvTzMYY8
    ¿xa? ¿Non fixestes trampa?
    Xa que logo... ¡imos aló!

    Querido Carlos:
    É tempo de seguir loitando polas ideas que cada un ten.Pero tamén é tempo de agradecer o discurso contundente, esixente cara os dereitos dos galegofalantes...pero ao mesmo tempo tolerante e dialogante como o teu ao longo destes anos e moi particularmente neste blog no que, cada dia, algúns de nós espertámonos á fiestra dos nosos quefacereres docentes diarios...con algunha xoíña en forma de artigo, pensamento, poema ou canción.
    Por iso, e porque, no fondo, somos uns provilexiados por ter xente preto que con apenas 30 anos está a aportar ideas... para cambiar este mundo tolo (no medio ambiente, nas discriminacións, na soedade, na enfermidade...)... adícote a tí e toda a túa xente especial coma tí.. esta canción...
    Trátase de "8 brazos para abrazarte", de "Los Peces". Así que, adiante...veña¡¡¡ tí blogueiro que estás a ler esto... corre a abrazar á persoa que teñas mais preto... ¡É unha orde!!!! todos os BLOGUEIROS do Callón a abrazarse...
    Bicos. "M P D M ".

    ResponderExcluir