EL ÁNGEL QUE NO SABÍA DE SÍ
¿De dónde me llegabas, misterioso,
hasta mi soledad, ya resignada,
anhelante de amor y receloso?
- Apenas tu mirada en mi mirada
y ya supimos, sin saberlo cierto,
que era inútil rehuir la suerte echada.
- Confusos habitantes en la sombra,
con lenguaje del tacto, ávido, incierto,
mi sangre te presiente y no se asombra.
- A través de tu gracia adolescente
siento tu voz que me proclama y nombra
buscándome, exclusivo, entre la gente.
- ¡De pronto vi quién eras...! ¡He palpado
tus alas escondidas, y en la frente
entreví tu fulgor sobresaltado.
- Llevándome hacia ti, te me confiaste,
puesto que a mí llegabas desconfiado,
y me diste lo mismo que tomaste:
La propia soledad de tu desvío
en un mundo distinto al que dejaste,
en el amor buscando tu albedrío.
De tu bien y tu mal ya prisionero
me quedo, en ti como alma sosegada:
portador de la Gracia que me es dada,
¡ángel extraviado y misionero!
12 de set. de 2010
Confusos habitantes na sombra
Este poema dedícallo Eduardo Blanco Amor a Ángel Chamarro, con quen mantivo unha profunda relación afectiva sendo el xa septuaxenario. Está datado en xaneiro de 1968, pouco despois de ambos se coñeceren. Tómoo da edición da poesía amatoria do autor de Auria que realizou Luis Pérez Rodríguez baixo o nome de Ars Amandi:
11 de set. de 2010
Non aplicar o decretazo é cumprir a Lei
Así de clariño nolo explican Alba Nogueira e Manuel Bermúdez:
10 de set. de 2010
Collerei algo de abrigo e alí estarei
"Tola atrás de ti", de María Xosé Silvar coa banda Sés, foi o tema gañador da última (e oxalá non derradeira) edición do A polo ghit. Cantade e bailade!
8 de set. de 2010
Libros en galego nos aeroportos
Un amigo envioume unha mensaxe o domingo ao mediodía. Acababa de ver o libro En castellano no hay problema na estante dos "máis vendidos" na libraría do aeroporto de Lavacolla. A min estrañoume moito, sobre todo porque non lembraba que estivesen á venda obras en galego en ningunha das tres terminais que temos en Galiza.
Na realidade, é que case nin recordo tampouco nestes lugares volumes de temática galega ou traducións ao castelán ou ao inglés de libros da nosa literatura. Cun pouco de fortuna, sei que se pode encontrar algún título de Manuel Rivas, Suso de Toro ou Domingo Villar en castelán, dentro das súas respectivas coleccións, mais non cun espazo singular nin salientando que son obras de autores galegos. Das versións destes escritores en inglés, nin rastro. Tampouco se pode achar a Anthology of Galician Literature, que tería aquí todo o sentido para a súa distribución protagónica.
Mais o meu amigo abofé que tiña razón no seu aviso:

Non sei desde cando nin por obra de quen, mais como mínimo no aeroporto de Santiago agora si se poden encontrar libros escritos no idioma de Galiza. Ademais, esta foto dáme a alegría de saber que En castellano no hay problema está agora mesmo entre os máis demandados. Tal inquietude social por coñecer o reverso da propaganda da Xunta sobre o que lle está a pasar ao noso idioma proporcióname tamén máis unha razón para a esperanza, entre tantas más noticias como as que se acumulan nos últimos tempos.

7 de set. de 2010
Galiza é o galego

Se clicades na imaxe de arriba, iredes a unha páxina onde se recollen adhesións a un manifesto en defensa dos medios de comunicación no noso idioma. Anímovos a que poñades aí a vosa sinatura virtual.
Por outra banda, déixovos tamén aquí unha pedagóxica presentación sobre por que é plenamente legal continuar a ministrar as aulas en galego, con independencia do que diga o decretazo:
presentacion
Adiante con todas as iniciativas que existan en defensa do noso! Ánimo e forza, que de nós depende!
6 de set. de 2010
A desaparición de medios de comunicación en galego
Esta semana o artigo en Galicia Hoxe tiña que tratar sobre un dos asuntos de máis preocupante actualidade para a nosa lingua e, tamén, para a liberdade de expresión e información de quen queremos seguir exercendo como galegos:
Punto de inflexión
A desaparición de medios de comunicación en galego
Hai xusto tres anos, os últimos días de agosto de 2007, Iria Taibo, a secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, e quen isto subscribe, como presidente desta mesma entidade, realizamos varios encontros formais con entidades que actúan na normalización do éuscaro. Nunha apretada axenda, mantivemos diversas entrevistas de traballo cos responsábeis de proxectos en Kontseilua, o Consello de Organismos Sociais do Euskara, e tamén con algúns medios de comunicación que teñen esta milenaria lingua como ferramenta e vehículo. Martxelo Otamendi, director de Berria e do inxustamente desaparecido Egunkaria, guiounos unha desas tardes pola ampla redacción dese diario. Explicounos as serísimas dificultades polas que pasaron, o seu funcionamento no día a día e tamén algunhas das expectativas que tiñan cara ao futuro.
Cando saímos da xuntanza, Iria e eu conversamos sobre o que alí viramos e fixemos algunhas contas. Parecíanos moi claro. Traballaba máis xente na redacción dese único diario en éuscaro que a suma de todos os xornalistas que estaban en nómina de todos os medios de comunicación en galego. Nas nosas contas feitas rápido nun pano de papel incluiamos a ollo mesmo os servizos informativos da CRTVG, que xa é dicir. Se nalgún punto nos erramos e non son máis, non teño dúbida de que son case os mesmos.
Para se dar esa situación en Euskal Herria conxúganse varios factores. Por unha banda, unha sociedade cunha consciencia moitísimo máis asentada que aquí de que cómpre apoiar os proxectos que se desenvolven en favor da cultura propia. Penso que non se debe reducir tampouco a importancia dunha renda per cápita máis elevada, que permite que sexan factíbeis algúns proxectos por subscrición popular que aquí semellan inimaxinábeis.
Mais a diferenza crucial entre un e outro país é a existencia aló dunha política activa de fomento da lingua desde as institucións, que pasa tamén por ir consolidando un espazo propio de comunicación. Non me refiro unicamente ás accións que se poden desenvolver desde os gobernos autonómicos, senón tamén desde as deputacións e os concellos. Por seguir con comparacións para a reflexión, hai concellos con tantos habitantes como ten aquí Santa Uxía de Ribeira que contan cun orzamento para a normalización lingüística que é superior á suma do que destinan a este obxectivo as catro deputacións e as sete cidades galegas. Debo subliñar que é superior tanto en termos absolutos como porcentuais. Posto que hai persoas con sensibilidade declarada pola lingua e o país nestas nosas institucións, talvez vaia sendo tempo de que realicen unha mudanza profunda da política lingüística, que sirva tamén para defender desde unha acción institucional vigorosa o que está a destruír, cal Atila, o actual Goberno galego (que pouco lle acae este adxectivo de “galego”, verdade?).
Como nun dominó
“A Nosa Terra está na biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, que mantén vivas catro subscricións desde 1979, mais a Xunta e o Parlamento galego cancelaron as súas nada máis estrear Alberto Núñez Feijóo a Presidencia de Galiza”. Estas declaracións realizounas esta mesma semana en varios medios de comunicación Afonso Eiré, presidente e conselleiro delegado do grupo editor do desaparecido (mais resucitábel) semanario.
O feche da edición impresa d’A Nosa Terra súmase á desaparición neste mesmo ano 2010 dos xornais electrónicos GzNación e Vieiros, este último con quince longos anos de experiencia ás súas costas. Outros medios como A Peneira encóntranse tamén ao borde do precipicio. Trátase en todos os casos de problemas económicos, ante os cales a Xunta actuou coa desatención máis absoluta.
Si, talvez sexa morno de máis ao falar de “desatención”, cando na realidade a actitude da Xunta de Núñez Feijóo é dunha agresividade manifesta. Aí está o caso das subscricións que se dan de baixa da noite para a mañá (mentres se multiplican as dos medios afíns ao partido gobernante), a eliminación ou redución á mínima expresión da publicidade institucional, a discriminación nos convenios e axudas públicas, o pirateo de ideas (como lle aconteceu a Vieiros no caso A polo ghit)... Hai, en fin, un propósito claro de destrución dos medios de comunicación na nosa lingua.
Debemos sumar a esta situación de redución de cabeceiras no noso idioma a multiplicación exponencial a través da TDT de medios de comunicación en castelán. Varios deles, ademais, son portavoces dun extremismo españolista propio da época do NODO. A CRTVG, que podería ser un oasis para a nosa lingua e cultura, encóntrase, no entanto, nunha planificada depauperación gobernamental.
Respostas sociais
Así, sen tremendismos nin catastrofismos de ningunha clase, debemos recoñecer que estamos a pasar por unha situación de singular gravidade. Nunca nestes 30 anos de Estado das Autonomías o catalán ou o éuscaro pasaron por un momento semellante de desaparición, como nun dominó, de varios dos principais referentes informativos nas súas correspondentes linguas.
Mais non escribo estas liñas para queixarme nin para facermos terapia de grupo. Cómpre que estes problemas sirvan como punto de inflexión para a toma de accións colectivas. Por exemplo:

- Mantermos unha liña de protesta pública para que cesen as actitudes belixerantes da Xunta contra os medios de comunicación que utilizan o galego.
- Reclamarmos que as axudas para o uso da lingua propia que convoca anualmente o Goberno galego sirvan para ese fin.
- Demandarmos a todas as institucións (tamén concellos e deputacións) que revisen a súa política lingüística, dotándoa de maior forza e acción social.
- Individualmente, darlle soporte aos medios de comunicación que utilizan o noso idioma: subscribíndonos, dándolles visitas na rede, difundíndoos...
5 de set. de 2010
Baixo as uñas
Catálogo de velenos é a obra coa que Marilar Aleixandre, máis coñecida como narradora, gañou o XVIII Premio Esquío. Pilar Pallarés asina un epílogo onde reflexiona sobre as relacións nai/filla que centran eses versos:

Como unha Esther Greenwood nos seus máximos momentos de lucidez, mesmo antes de ficar detida no ar enrarecido do seu "sino de cristal". Só que agora esa voz que nos lembra a personaxe de Sylvia Plath non se enxerga a si própria no futuro, atrapada nas redes do doméstico, condenada a deixar luxar e esmagar autonomia, esforzo, intelixéncia, senón á nai-madrasta, á xoven á que pouco a pouco lle mudou o soño en pesadelo: a que se vinga de quen lle é máis semellante querendo enredá-la no mesmo círculo de horrores e derrotas, ainda que t[a]mén desexaria libertá-la. (...)Deixo aquí dous poemas deste libro, co convite a que vos animedes a lelo completo:
A literatura e o cine falan sempre dun fillo que procura o pai -"Convén que un seipa quen é seu pai", advirte o Coro ao Don Hamlet cunqueiriano-. Xa é menos frecuente que sexa a filla quen busque ou se interrogue sobre a nai, ainda que as luzes e as sombras dunha relazón onde se entrecruzan amor e ódio, dependéncia, crueldade e identificazón, teñan dado lugar a obras (...) dolorosas (...).
Nai e filla reencontrando-se no espello. A sublimazón da figura materna, até por parte dun certo feminismo, foi convertendo en tabu falarmos das faces escuras da relazón dunha muller coa sua nai. E porén, canta paixón e teimosia poñemos en non ser coma ela (...), que vontade de escachar o espello se me contemplo nel e encontro o pouso de amargura da ollada sua. Dese amor estrefrebado con ódio falaron máis os contos de fadas que a literatura adulta, tan ben comportada. Rencor pola madrasta que nos envelena, que é a nosa rival, a que nos clausura na casa como Cinzentas ou nos abandona nun bosque tenebroso. (...)
Os contos de fadas reservan sempre un final feliz para a Cinzenta e Brancaneves -un príncipe resgata-as, un cazador compadece-se da mociña-. Pero quen salvará a madrasta? Só unha ollada adulta de muller, desde a razón e o feminismo, pode destruir o sortiléxio. Só a filla rebelde, a que fuxiu do tenebroso bosque d[o]méstico e se negou a ser igual á nai, pode romper o fado da madrasta. Salvando-se a si mesma, salva-a a ela (...).
baixo as uñas
a noite antes de morreres
-ordes do médico-
cun algodonciño
mollado en acetona
borrei da uña do teu dedo pequeno
o esmalte rosa
o ano antes de morreres
eu tiña vintecinco
estaba tan ocupada
en non ser coma ti
non criar sete fillos
borrar os esmaltes
de todas as uñas
escapar ós vincallos que tenden
as cuncas de café
a noite antes o esmalte
no algodón
que o médico puidese ver
o devalar do sangue
por baixo das uñas
das caracolas brancas
última maré baleirándose no corazón
mentres a morte
agatuñaba pola cana dos ósos
o ano antes un amante
que non coñecías
(de coñecelo había disgustarte)
atendía ó balbordo que me zoaba
dentro dos caracois
pintoume na uña
do dedo pequeno
con rotulador negro
un corazón
daquela non sabía
que o teu sangue callou
nesa terra que teño baixo as uñas
que a ti debía
as pugas que agromaban que
tamén levo por baixo das uñas
restos da túa tinta
que acabaría usurpando o teu nome
non sabía que fuches ti quen me educou
contra ti mesma

reunión familiar
a primeira noite
leveite para a miña cama
e tradeáchesme
(solsticio noite e lume debandado)
non advertín que metía na cama
toda a familia
ensaiando habelencias de morcego
demostrabas trabando o meu colo
que teño o sangue azul
mentres irmáns nai e pai tías e avós
silandeiramente
circaban a cama beliscaban
o meu cu aloumiñaban
as miñas pernas
en tanto eu cabalgaba sobre ti
atravesamos espirais de lume eles
criticaban o meu cabelo desguedellado
e discutían en alta voz
se tiña un peito maior que o outro
entraches na miña casa
traendo os teus coitelos afiados
e detrás un por un
entrou a familia veleno insípido
para quedar
desde entón forman parte do mobiliario
miran con desaprobación
desde o fondo dos espellos
ou axexan baixo as sabas
familia marca do coitelo no teu brazo
pegada de terra e uñas
1 de set. de 2010
F'ardente e c'aberto
Os Elementos de gramática gallega que Marcial Valladares concluíu en 1892, ademais de achegaren información de enorme interese, teñen algúns pedazos que resultan moi engrazados. Por exemplo, cando o autor observa que as linguas mudan, "porque sólo Dios es inmutable y á que debemos ir adelante más bien que atrás, especialmente hoy que todo marcha á vapor, todo se quiere nuevo y anda la moda en todo". Por se non ficou claro, recunca máis adiante: "acerca de cuyo particular repetiremos que solo Dios es inmutable".
Valladares quere regular e limitar o uso do apóstrofo (p. ex., utilizábase en d'hoxe, d'outro, n'é, séntat'aquí, dáll'un bico, etc, rexistrando así unha maior equivalencia coa fala). A ese proposta de estandarización dedicáralle xa un traballo na Ilustración Gallega y Asturiana anos atrás.
Para este escritor polifacético que foi membro correspondente da Real Academia Española é moi importante que non se abuse deste trazo, para o cal bota man dalgún exemplo.... curioso:

Y téngase presente que con los sustantivos y adjetivos no debe hacerse uso del apóstrofo, sopena de oscurecer muchas veces lo que se trate de manifestar. (...)
Plagados estan nuestros escritos en gallego de estos abusos y los que asi escriben llegarán al extremo de tener que escribir f'ardente; c'aberto; palabras en que fuerza será cavilar un poco, para comprender que dicen fè ardente = fé ardiente; cu abèrto = culo abierto, siquiera este ejemplo último no sea de los mas finos.
Assinar:
Postagens (Atom)