31 de mar de 2016

Poesía sobre lingua (1): "Lingua que rexeitaron os meus pais", Antón Tovar

Desde hoxe, ás quintas feiras neste blogue subirei un poema sobre lingua, unha das vetas polas que é máis popular o grande escritor que homenaxeamos este ano coas Letras, Manuel María. Comezamos coa profundidade existencial de Antón Tovar:
"Lingua que rexeitaron os meus pais"

Borraran os letreiros dos camiños
cos ben amados nomes das antergas vilas,
dos silabarios das escolas algareiras
borraran o cantar humilde e puro
da língua popular.

Soio no escuro das lareiras
no apartado silencio dos labregos labios,
esquecida das espadas poderosas,
borboriñaba a nosa lingua triste.

Aferrollada fora coma unha delincuente.
As maos sen calos do traballo,
requintadas e doces, relixiosas,
enfeitadas co ouro dos aneis
roubados ó suor dos pobres
empurraran a lingua nobre e pura
a un cadafalso de vergoñas.
Meus pais, tamén, amados ignorantes,
obedecerán as ordes que o espadón
deborcara na poza de Galicia.

E, agora, veleiquí a xenreira xusta
dos mozos nobres e libertadores
tirando do pescozo da aforcada
o barazo inxusto, o odio do canalla.

Inda folguexas noiva bela,
inda tes verbas na túa gorxa magoada,
foguetes de carraxe pra cuspirlles
ós donos madrileños do billete,
da espada e maila cruz.

Inda tes folgos lingua enxebre
nos teus labios de moza asoballada,
lingua dos meus limiaos, dos meus antergos,
inda tes folgo pra bica-los meus ensoños.

Estás agora viva nos meus beizos fondos,
estás agora viva nos meus dedos de home
e acariñando vou teu corpo rebrincante
que ten ás de bolboreta nas palabras.

(Antón Tovar, Calados esconxuros)

28 de mar de 2016

1.841

A materia optativa de portugués como "segunda lingua estranxeira" avanza en Galiza. Porén, os seus 1.841 estudantes non chegan a representar nin o 1,5% do alumnado de secundaria no curso 2015/16. Disto vai o comentario desta semana no Sermos:

27 de mar de 2016

Ligazóns ao desvío para un vinte e sete de marzo

25 de mar de 2016

Motivos ha de ter...


Que aquel deixa seu natal curruncho
e fóra dos seus eidos pon os pés,
cando troca o seguro polo incerto,
motivos ha de ter!
(Manuel Curros Enríquez)

tes que entender.
que ninguén pon os seus fillos nun barco
salvo que a auga sexa máis segura que a terra
(Warsan Shire)
 

[Fotografía tirada de @PrincipeMarsupia.]

22 de mar de 2016

Foi o Día da Poesía


Onte as redes sociais en Galiza estiveron sobre todo a divulgar diferentes poemas de Manuel María, a quen homenaxeamos este ano nas Letras. Eu tamén puxen o meu pequeno gran de area, tanto polo que subín como polos dous lindísimos que lle rechiei a Paulo Filgueiras Fachal.

Ademais, aproveitei para subir á miña páxina en Facebook dous textos con dúas consideracións diferentes da poesía. Unha, contrariando as súas posibilidades, fíxoa un dos maiores poetas do século XX; a outra, defendendo a súa utilidade contemporánea, asínaa un fecundo ensaísta. Velaquí as penduro, tamén:
Como a música, o verso é limitado por leis rítmicas, que, ainda que não sejam as leis rígidas do verso regular, existem todavia como resguardos, coacções, dispositivos automáticos de opressão e castigo. Na prosa falamos livres.
(Fernando Pessoa, Livro do Desassossego)

A coñecida frase de Adorno necesitaría, pois, unha corrección: non é a poesía o que é imposíbel após Auschwitz, senón a prosa. A prosa realista fracasa onde triunfa a evocación poética da inaturábel atmosfera dun campo. Isto é, cando Adorno declara que a poesía é imposíbel (ou, máis ben, "bárbara") após Auschwitz, esta imposibilidade é habilitadora: a poesía trata sempre, por definición, sobre algo que non pode ser nomeado de forma directa, só aludido.
(Slavoj Žižek, Violencia)

21 de mar de 2016

20 de mar de 2016

Ligazóns ao desvío para un vinte de marzo

14 de mar de 2016

Houbo un comezo

No curso 2015/16 fanse 50 anos da primeira vez que o galego entrou no ensino regrado. Foi como materia optativa no último curso de Filoloxía Románica. Que mudou neste tempo?



Recordade que estes comentarios que publico ás segundas feiras se poden seguir no semanario Sermos Galiza e en Youtube.com/CarlosCallon.

7 de mar de 2016

Bicos

Velaquí o comentario desta semana en Sermos Galiza:



Lémbrovos que vos podedes suscribir á miña canle Youtube.com/CarlosCallon, tanto para estes artigos como para outros contidos que irei pendurando.

Saudiños!