15 de jun. de 2011

Nove anos de presidente da Mesa

Seguramente me faga publicidade negativa subindo esta foto ao blogue. O mozote escuchimizado que aí se ve son eu con 23 anos, dirixíndome á asemblea xeral da Mesa que acababa de escollerme presidente da entidade. Foi o 15 de xuño de 2002, hai xusto 9 aniños.

Nas efemérides sempre é bo botar a ollada atrás sen nostalxia e cotexar os erros e os acertos, analizar o que un puido facer mellor e, tamén, o que foi polo bo camiño a pesar das dificultades.

Na travesía destes nove anos foron tomando ou deixando responsabilidades na dirección da Mesa diferentes compañeiras e compañeiros, mais hai dúas mulleres que seguen incombustíbeis no equipo en todo este tempo, malia o fácil que é o queime neste labor: Elsa Quintas e Iria Taibo.

Grazas a elas e a todas e a todos os que empuxastes ou empuxades neste traballo en equipo! Grazas aos 4.000 socios e socias da Mesa que fan que este proxecto continúe! Seguimos adiante e con enerxía! A forza do noso amor non será inútil!

13 comentários:

  1. Súmome aos parabéns e aos agradecementos!

    ResponderExcluir
  2. Grazas a vós e parabéns a vós. Este é un traballo de equipo!

    ResponderExcluir
  3. usted va acabar como el Gadaffi eh! ... ni con bombas lo echan de la poltrona

    ResponderExcluir
  4. Cal "poltrona", señor Anónimo? Moléstalle que haxa activistas en defensa do galego? Ou séntese incomodado pola unidade existente?

    Se lle pica, xa sabe: ráñese! ;)

    ResponderExcluir
  5. Nove anos, senhor Calhóm, nove anos. Ele-nom serám chegados, os tempos? Ou seica é vocé o único que pode defender o galego? Por que nom nos explica que tipo de organismo é aquele que permite que o seu lider continue NA POLTRONA indefinidamente? Um caciquil? Assad, Gadaffi, Baltar?

    Ou seica A MESA É VOCÉ?



    E se lhe proe esta crítica (perfeitamente xustificada), xa sabe: NOM RESPONDA.

    ResponderExcluir
  6. As críticas xustificadas non son anónimas, nin disimuladas coa escrita nun tan lamentábel reintegrado para tentar camuflarse aínda máis (o cal xa é paranoia).

    Nas críticas xustificadas, nos debates serios, por moi crus que poidan ser os termos, cada quen responsabilízase do que di. Por exemplo, eu asino este comentario.

    Se eu fose o único que defende o galego, vaia birria de idioma e vaia birria de asociación. Eu non son máis que o portavoz e o responsábel público dunha entidade conformada por 4.000 membros e cunha escrupuloso funcionamento democrático. A maior asociación cultural de Galiza, si, porén non a única, nin a única entidade que traballa en defensa do galego. Sería unha estupidez dicir tal cousa. E sería -repito- unha birria de país e de idioma.

    Gustaría tamén de saber cal é "a poltrona" do activista. Que non gañe nin un céntimo máis que coa miña profesión, que teña un horario máis extenso, máis responsabilidades e menos vacacións?

    Os cargos, levados con responsabilidade, é sabido que son unha carga. E é sabido tamén que non é bo para ninguén manterse indefinidamente nun. Sexa nun lugar ou noutro, estas manciñas van continuar a traballar e esta boquiña vai continuar a falar.

    Proe? ;)

    ResponderExcluir
  7. Carlitos, é bem divertido que qualifiques a minha escrita de “lamentábel reintegrado“. Pra comezar, eu nom che som nem reintegracionista nem lusista, valeu? Que tu defendas a dignidade do galego a partir dumha norma espanholizada, sim é porém bastante lamentavel. Aliás, É PATÉTICO. Por tanto, nom pretendas dar leiçóns de filologia quando tu apenas es um pobrinho seguidor de “filoloxía“, esa seudo-ciencia espanholista. Mas claro, se nom pasares polo aro do galego-espanhol da RAG-ILG estarias cumha mao por diante e outra por tras ... cobrindo as tuas vergonhas, e nom a mamar do circo este.


    Segundo, eu som o Gascon, que xa asinei mais comentarios neste teu blogue. Satisfeito? Sim, eu som-che o mesmo que leva falando galego a diario no Reino Unido com lusófonos, mas nom che som lusista. A utilidade do galego fora de Espanha é evidente, como eu xa che apontei, mas tu diso nom falas, porque o que che pom é falar de pobrinhos galeguinhos de “lingua minorizada“. Diso vives, desa tergiversaçóm da lingua galega. Diso mamades.



    Terceiro, os mecanismos democráticos de que falas (e dos que tamém pode falar o Baltar, ou o Saddam Hussain nos seus tempos) tanto me tem. O que conta é: Carlitos Calhóm, nove anos na poltrona. Ele-nom ha gente capaz, que tem de ser o mesmo fulano sempre? O pobrinho, que grande carga, mas tudo sexa polo galego!



    Venha hom, senhor Calhóm, quantos anos mais vai continuar? Outros nove? Dazanove? Vintenove?



    Tenha um mínimo de dignidade e vergonha, senhor Calhóm, e deixe de se autopromocionar, que ha gente bem capaz no país como pra ter de aguentar o senhor INDEFINIDAMENTE.


    Gascon

    http://ogalegodeseu.blogspot.com/

    ResponderExcluir
  8. Carlos, non alimentes os trolls.

    Grazas por estar aí.

    ResponderExcluir
  9. Desculpa, anónimo Gascón. Xa vin que tes unha normativa propia. Retiro o do "mal reintegrado". Grazas por pasares por aquí e polos comentarios.

    Grazas tamén, último anónimo. Tentarei facelo ;)

    ResponderExcluir
  10. Home, Carlos, felicito-che polas tuas boas maneiras e o teu sangue frio. Os meus "comentarios" som acusaçóns bem concretas e serias. Nom tes nada a responder?

    Ou estás por riva de qualquer xulgamento?

    Gascon

    ResponderExcluir
  11. ni vosotros os poneis de acuerdo en la normalizacion, que peña me dais.

    ResponderExcluir