27 de jun de 2011

O meu derradeiro artigo en Galicia Hoxe

Todas as segundas feiras durante os últimos tres anos costumei facer neste blogue unha referencia ao artigo que publicaba no diario Galicia Hoxe. Agradezo moito a oportunidade que se me brindou e a experiencia que me deu escribir un texto de máis de 6.000 caracteres cada semana.

A última -e xa derradeira- destas colaboracións saíu hoxe, abordando un pouco o mito do mártir galego San Paio. A esta figura lle dedico un capítulo do libro Amigos e sodomitas e a ela lle dedicarei tamén parte do espazo do roteiro do serán de mañá. Mais non quero falar agora máis deste tema; o artigo, se vos interesar, podedes consultalo nesta ligazón.

Do que temos que falar hoxe é disto:

1. Da situación delicada en que se encontran as 19 persoas que traballaban no diario Galicia Hoxe e agora se encontran na rúa. A nosa solidariedade, o noso apoio!

2. Do grave que é para a lingua galega a desaparición impresa de Galicia Hoxe, que supón a erradicación do noso idioma dos quioscos.

3. Do gravísimo que é para a liberdade de expresión e para o pluralismo informativo que o goberno de Núñez Feijóo condene á inanición aos medios que teñen unha visión diferente da realidade.

Desde que Demolicións Feijóo goberna a Xunta, fecharon A Peneira, A Nosa Terra (só sobrevive, até o momento, cunha versión electrónica), Vieiros, GzNación e, desde agora, tamén Galicia Hoxe.

O día é moi triste. Mais as adversidades tamén teñen que servir para tomarmos forza, para que nos decatemos de que temos que movernos para frear a reacción. Xuntos, podemos!

5 comentários:

  1. Pois si, desde que goberna Feijóo pecharon 5 medios en galego e ninguén fixo nada.
    Próximo paso: queixarse do malo que é Feijóo.

    ResponderExcluir
  2. Fixen unha pequena teoría conspiratoria do por que da desaparición do Galicia Hoxe no meu blog, e quizabes podería ser interesante: http://wp.me/p1lHzR-3T .

    AVISO, SPOILER: Non lle boto a culpa do todo a Feijóo. Penso que iso xa me fai ir contracorrente

    ResponderExcluir
  3. PARA CATRO MATAOS QUE O COMPRABAN........

    ResponderExcluir
  4. Anónimo 1: Confúndeste. O próximo paso é fustigarse xDDD

    O vello Marcos: Ai, outra teoría conspiratoria?

    Anónimo 2: Viva o darwinismo!

    ResponderExcluir
  5. Pois co anónimo 2 a selección natural de pouco valeu... xD

    ResponderExcluir