2 de jun. de 2011

Apoio á Flotilla da Liberdade

As persoas que asinamos este escrito queremos manifestar o noso apoio á Flotilla da Liberdade II que en xuño zarpará rumbo a Gaza con axuda humanitaria para a castigada populación da Faixa e o propósito de romper o criminal bloqueo a que a ten sometida Israel.

O carácter pacífico desta iniciativa internacional e a legalidade do seu obxectivo deberían ser razóns suficientes para garantir a seguridade das persoas e os bens que viaxarán a bordo dos 15 buques que está previsto formen a frota. No entanto, a experiencia do ataque perpetrado pola armada israelita en 2010 contra a primeira Flotilla da Liberdade, que se saldou coa morte de 10 activistas e un elevado número de cooperantes feridas/os, así como as recentes ameazas e presións de Israel, fan temer que o estado sionista poda recorrer mais unha vez á violencia para tentar impedir que a axuda humanitária chegue a Gaza.

Neste sentido, reclamamos das autoridades galegas e españolas que tomen as medidas necesarias para protexer a vida e integridade das persoas que participarán na iniciativa, varias delas galegas, e garantir que a axuda solidaria chegue ao seu destino: a asediada Faixa de Gaza.

Se tamén estás de acordo con este texto, podes asinalo aquí.

2 comentários:

  1. O texto estaría aínda mellor se fixese mención á desgraciada situación de Gilad Shalit. Axuda humanitaria a Gaza, si, mais Gaza tamén podería facer algo humanitario por Gilad que xa van facer cinco anos que o secuestraron: http://news.bbc.co.uk/1/hi/world/middle_east/6238858.stm ou http://english.aljazeera.net/news/middleeast/2010/07/201075103550366928.html

    Depois do asasinato en Gaza do activista italiano (pro-palestino e anti-sionista) Vittorio Arrigoni, admiro moito aos occidentais que se atreven a ir a Gaza: http://english.aljazeera.net/news/middleeast/2011/04/2011414194735306181.html

    ResponderExcluir
  2. Anónimo, a verdade é que me parece un pouco frívola a túa propaganda, tendo en conta as dimensións do problema.

    Sobre o primeiro caso que comentas, do militar apresado, non penso que con ese motivo se poida xustificar o xenocidio do pobo palestino nin operacións militares que se realizaron en teoría para o liberaren, nas cales morreron centos de civís palestinos, entre eles nenas e nenos.

    Por que, na túa demagoxia, non falas desas barbaridades?

    A Flotilla leva unha mensaxe de paz para que finalicen dunha vez tantos abusos e tantas inxustizas.

    ResponderExcluir