08/06/2011

Falta pluralismo na RAG?

Era a pregunta que onte se formulaba en portada o diario Galicia Hoxe. É unha cuestión pertinente que nos fagamos, porque precisamos unha Academia viva, forte e representativa.

As propostas de mellora que están enriba da mesa son:
1) Deixar de excluír as mulleres.
2) Consolidar un papel institucional de fomento da normalización lingüística.
3) Fomentar as relacións co resto do sistema lingüístico galego-portugués.
4) Garantir unha presenza plural no seu plenario.
Oxalá haxa reflexións e, sobre todo, mudanzas por eses catro camiños.

Um comentário:

  1. Onte nomearon académicos correspondentes a algúns profesores da Universidade de Vigo. Agora xa están algo representadas dúas das tres universidades.

    ResponderExcluir