29 de jun de 2011

Primeiras críticas e referencias a Amigos e sodomitas tras a saída do libro

Moitísimas grazas a todas as persoas que participastes na presentación onte do libro Amigos e sodomitas e tamén no roteiro posterior. Non agardaba tanta xente! Desexo que fose de interese e utilidade.

A vindeira presentación da obra será este sábado en Ribeira, dentro do festexo do Día do Orgullo, que se organiza por vez primeira na miña vila, grazas á asociación cultural Trapallada. Os actos comezarán ás 16 h na Taberna do Riaso, para se estenderen ao longo do día e da noite por diferentes espazos da localidade.

Teño tamén que facer referencia, agradecido, ás primeiras críticas e noticias que se fan eco do libro Amigos e sodomitas tras a súa saída:
- A reseña realizada polo crítico Francisco Martínez Bouzas.

- A noticia (ou reseña) que asina Diana Mandiá na edición galega de El País.

- A noticia escrita por Manuel Beceiro para a edición compostelá de La Voz de Galicia.

- A recomendación no De Luns a Venres de hoxe (páx. 16, aquí a edición en PDF).


Obrigado tamén pola entrevista de onte en RadioVoz e as referencias no Diario Cultural da Radio Galega.

Hai outros medios que tamén se interesaron e parece que van editar algo sobre a cuestión nos vindeiros días.

A TVG, pola súa banda, nin estivo nin se interesou en ningún momento, nin desde os seus informativos (para os cales nin tan sequera existiu o Día do Orgullo!!) nin desde os seus espazos culturais. Unha cousa é que sexa habitual e outra que sexa normal.

3 comentários:

  1. Gracias a ti. Disfruté muchísimo de la "excursión literaria". Tienes un talento comunicativo sorprendente. Hasta una próxima
    Quique

    ResponderExcluir
  2. Parabéns! Demostras que un tamén pode saír con ganas de máis da presentación dun libro. Un traballo excelente, e un talento ó falar realmente admirable. Que haxa máis veces!
    Navia

    ResponderExcluir
  3. Grazas, Quique e Navia, polo afecto e o apoio!

    Unha aperta enorme!

    ResponderExcluir