9 de out. de 2009

Disque non sei ler en castelán

Non sei se escoitastes as necias declaracións de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, explicando que me agasallou, dentro dos habituais presentes institucionais, algún libro bilingüe, para ver se así os da Mesa lemos tamén en castelán.

Que altura na oratoria, verdade? Son os mesmos prexuízos resesos de sempre, de novo insinuados por alguén con tanto poder como autoodio: que as persoas que defendemos o galego somos cabezas de cemento, que temos un narcisismo doentío cara ao noso idioma e que nos fechamos nel, que odiamos o castelán, que non somos capaces de ler algo que non estea na nosa lingua...

Hoxe replicámoslle desde A Mesa cun comunicado. Mais estas políticas de odio contra a nosa lingua deben ter, sobre todo, resposta na mobilización da rúa. O vindeiro 18 de outubro, todas e todos a Compostela!

Na TVG

Por certo, esta é a ligazón da noticia tal e como saíu onte na TVG. Había meses que a asociación non tiña eco de ningún xeito na televisión pública de Galiza, agora tan tristemente manipulada.

3 comentários:

  1. Éche o malo que ten ir falar con el. Lexitímalo, deslexitímaste, manipula o encontro (controla máis media ca ti) e ri.

    ResponderExcluir
  2. deixadevos de petalo cú con tanta merda e fantasías nacionalistas e dedicadevos a vivir a vosa vida k e moi corta pa perderla en facer o panoco...
    O que pasa eh que gustavos o liderazgo, as masas, en definitiva o poder...
    P.D.:por certo sempre me fai moita gracia os vosos lemas de galiza ceibe, liberdade ....bla bla bla merda e mais merda pero eu non sei en que parte de galicia vivides porque nesta merdiña de pais no que nos tocou nacer (españa campeon)e que deberiamos mellorar e moito entre todos xuntando forzas e non dividindonos... se por algo se caracteriza e pork cada un fai o que lle peta... pero vos oh! pobrecitos deben ir as SS da nazon invasora espanHHHHHola a pegaros....jajaja.Carlos e amigotes os lavaron moito o coco cando os recrutaron ven xoves e inmaduros nas aulas os de galiza nova ...

    Sen mais un saludo dun galego...(espanHHHolizado pola nazon invasora)sodes tan "coñones"xDD

    ResponderExcluir
  3. Para Anonimo:
    Ti si que tes o coco lavado, primeiro as tuas faltas de ortografía delatan o ignorante que es.
    Carlos, como outras persoas independentemente na asociación que estea fencellada, loitan por defeder a nosa lingua en calquer tipo de terreo aínda que sexa no do inimigo. É moi cómodo criticar sen facer nada coma tí que finalmente te resignas a que che coman o coco os teus amigos "españolitos". A rañala ignorante.

    ResponderExcluir