- Petición en Change.org para que se amplíe o servizo de pediatría en Rianxo. Asínaa!
- "Voto útil vs. voto da conciencia", Cousas de Imeneo.
- "En Marea es un mal camino para la sobrevivencia del nacionalismo". Entrevista a Justo Beramendi.
- "Voto útil fronte á política inútil", Moncho Ares.
- "Non está claro que En Marea sexa receptiva co BNG", entrevista no La Voz de Galicia.
- "A vindeira Xunta de Galiza e o galego", Henrique del Bosque Zapata.
- "O goberno de Podemos e Galicia", Anxo Quintana.
- "Apuntamentos con Catalunya ao fondo", Rafa Vilar.
- "Estudio monográfico sobre la poesía de Paz Andrade", La Voz de Galicia.
24 de jan. de 2016
Ligazóns ao desvío para un vinte e catro de xaneiro

7 de abr. de 2013
Auguiña de sete fontes (3)
- #FeijooPagaLaNieve, trending topic, informa Sermos Galiza.
- "O SERGAS non substitúe os facultativos de baixa, incrementando o volume de doentes nun 200% en casos como psiquiatría", denuncia a CIG.
- "Unha foto é unha foto é unha foto", artigo de Xosé Manuel Pereiro en La Opinión de A Coruña.
- "O diñeiro negro do PP de Pontevedra dos 80 e 90", informa Galicia Confidencial collendo tamén datos de Novas da Galiza.
- "Concurso eólico e foto de barco", un artigo de Anxo Quintana en 2011 que acertadamente publica de novo Sermos Galiza.
- "A dereita non ten quen lle escriba", reflexiona o crítico Manuel Rodríguez Alonso no seu blogue.

2 de dez. de 2010
O mosteiro de Celanova, a lingua e as privatizacións

9 de mar. de 2009
Dimensións dos resultados, posíbeis causas e vías de futuro
Velaquí o texto, sobre o cal podedes deixar, se quixerdes, a vosa opinión como comentario:
Algunhas notas sobre as autonómicas
Dimensións dos resultados, posíbeis causas e vías de futuro
É significativo que a maioría das análises sobre o resultado destas eleccións se centren máis nos motivos da derrota do bipartito, que baixou ostensibelmente en votos, que na vitoria do PP. Alberto Núñez Feijóo será o novo presidente da Xunta de Galiza, mais a sensación xeneralizada é que estas autonómicas non as gañou o seu partido, senón que as perdeu a coalición gobernante nos últimos tres anos e medio, que venceu por moi pouco en 2005 e agora ficou no camiño tamén por moi pouco.
Se compararmos os resultados en Galiza nos anos 2005 e 2009 sen contarmos o polémico, por atacado pola fraude, voto do censo de “residentes ausentes”, veremos que o PP conseguiu mobilizar a 55.000 persoas máis (de
O PP subiu nas provincias da Coruña e Pontevedra, nas cales o PSOE e o BNG perderon cadanseu escano, aínda que hoxe mesmo é probábel que o PSOE compense ese descenso cun novo asento no Hórreo a través do voto emigrante na circunscrición ourensá.
Dos efectos ás causas
Na análise, cómpre evitar a trampa habitual, e un tanto oportunista, de achacar uns resultados negativos nunhas eleccións a aquilo que non nos gusta dunha determinada forza política. Ese é un outro debate, que ten todo o senso na tomada de posicións tanto intra como interpartidarias, mais non para coñecer as dinámicas substanciais que de verdade levaron ao veredicto das urnas.
No caso do BNG, pódese detectar unha correspondencia entre a desmobilización do seu electorado e as áreas de maior difusión e capacidade de incidencia do medio de comunicación que mantivo a campaña máis hostil contra esta opción política. Obsérvese que tres de cada catro votos que perdeu o nacionalismo foron na provincia coruñesa e que na propia cidade herculina se deixaron polo camiño un de cada catro sufraxios do total do país. Aínda que haxa múltiplos motivos, penso que é este feito o que decanta o resultado e a perda do goberno, fronte a uns estudos demoscópicos que nos últimos meses ou días prognosticaban na súa maioría un certo crecemento no apoio ao BNG. A base social nacionalista é máis permeábel á intoxicación informativa, que se orientou arteiramente para agudizar o espírito crítico e crear a desmotivadora idea de que “todos son iguais”.
Ademais, tanto PSOE como BNG partiron dun erro de diagnose. Até os últimos días, nunca valoraron a posibilidade de perder, como se o feito de estar no goberno garantise de seu unha suba ou, no peor dos casos, a continuidade. A tendencia descendente do PP e a maior fraxilidade institucional desta forza parecían apuntar a iso, porén este partido compensouno sobradamente coa súa capacidade organizativa, alicerzada na historia, e os decisivos poderes fácticos que a fornecen. Hai que lembrar que ao longo desta lexislatura mesmo houbo inquéritos cociñados na Presidencia da Xunta que chegaron a presentar ao PSOE como virtual primeira forza de Galiza por diante do PP, un espellismo que a maquinaria electoral da dereita se encargou de desmontar en cada convocatoria.
No caso do PSOE, aínda que algúns estudos alleos á súa cociña manifestaban as opcións de crecemento, tamén é certo que moitos outros subliñaban un desgaste tanto a nivel de Estado como en Galiza, en boa parte atribuíbel á xestión da crise económica, que se podía concretar tanto nun estancamento como nun descenso, como finalmente aconteceu. A consideración de que a reedición do bipartito estaba cantada e que se trataba máis de se posicionar contra o socio minoritario para que non gañase posicións foron goles en propia meta. Elementos da campaña suxa e demagóxica iniciada polo PP tiveron portada e sustento nos grupos mediáticos máis próximos ao PSOE, debilitando o compañeiro de viaxe sen o cal este partido non ten posibilidades de (co)gobernar Galiza. Ademais, o PSOE disparouse aos pés cando, con todo o oportunismo, se dedicou a negativizar o pacto bipartito, por exemplo no referido ás concesións eólicas ou ás tímidas iniciativas de promoción do galego.
O goberno na balanza
Hai persoas con tribunas públicas que até hai oito días enxalzaban os logros destes últimos tres anos e medio que hoxe renegan do dito e fan tabula rasa para lle daren un suspenso en todo sen paliativos. Se realmente neste tempo non se tivese realizado ningunha mudanza, o PP non viría coa intención de destruír ou reformular de vez o avanzado.
Certo que este goberno non soubo facer pedagoxía para transmitir os seus logros nin os seus erros nin as súas limitacións. Certo que houbo departamentos como Medio Ambiente, Sanidade ou, en diferentes graos, nos medios públicos, nos cales non houbo cambios substanciais para mellor, mais tamén é verdade que se incardinaron proxectos moi positivos para o país no medio rural, nas políticas de xuventude, de sexualidade, de vivenda, na xestión enerxética, na creación dun sistema de benestar ou na acción cultural, por citar algúns, e aos que hai que acrecentar o desenvolvemento lexislativo en varios ámbitos. Na política lingüística, tanto se promoveron adiantos cualitativos nalgúns departamentos como se aplicou noutros un pusilánime continuísmo a respecto dos mandatos Fraga, que o novo PP quere desmontar, retrocedendo todo o avanzado na etapa autonómica, mesmo en anteriores gobernos seus.
Por pouco
A suma dos votos do PSOE e BNG é levemente inferior á do PP. Se un escano do PP mudar hoxe para o PSOE cos resultados do CERA, a diferenza será dun único deputado. Hai catro anos o bipartito gañou por pouco e agora perdeu por pouco, sendo por unha presada de sufraxios distribuídos dun ou doutro xeito como se acabou decidindo o goberno. Hai que lembrar isto fronte aos articulistas e tertulianos que repiten agora que unha alternativa ao PP será imposíbel en Galiza durante lustros. Se hai sete días non eran capaces de prever esta maioría absoluta do PP, por que van estar máis acertados nese inexplicado vaticinio a medio ou longo prazo?
Para o PSOE galego e, de forma máis especial para o BNG, comeza unha travesía do deserto e o retorno á oposición no Parlamento. É momento de reflexionaren e introduciren mudanzas, mais a nación precisa que se fagan con lealdade e construtivamente. Cómpre, como dicía Marx nunha das súas célebres citas, que non tiremos o neno xunto coa auga suxa da bañeira.
Hai resortes institucionais (Deputacións da Coruña e Lugo, gobernos das cidades e principais vilas; mesmo o goberno en minoría do PSOE no Estado) e tamén estruturas populares para continuar a resistir e que non lles sexa tan fácil o laminamento das conquistas realizadas.
De momento, aínda que o presidente in pectore presente un “goberno para todos”, o verniz da demagoxia que centrou a súa campaña comezou xa a caer en cuestións como o traído e levado coche oficial ou as súas propostas de desmantelar “con todo o amor” a cooficialidade da lingua galega, comezando polo ensino, algo que Manuel Rivas definiu con toda precisión como un “plan de extinción do galego”. Gañar as eleccións non converte as mentiras en verdades nin ampara atentados contra normas básicas de convivencia como o Estatuto de Autonomía e o recoñecemento do galego como lingua propia do país.
26 de fev. de 2009
Campaña suxa
Na súa entrada de hoxe, tras facer un repaso por algúns erros cometidos polo BNG na súa xestión e na campaña, conclúe dun xeito moi claro, co que concordo totalmente:
"Quintana está siendo objeto de un juego muy sucio, en el que están involucrados el PP de Ourense y otras instancias. Nunca hasta ahora en Galicia se habían traspasado de esta manera los límites de la vida privada, ni había pasado nada parecido a la increíble historia del teletipo apócrifo. Son asuntos más parecidos a la guerra de los espías de Madrid que a los clásicos líos de la política gallega. Y generan solidaridad con Quintana (...)."
Días atrás analizaba tamén, coa ollada limpa, que ao mesmo candidato do BNG "un poderoso grupo fáctico le somete a un diario examen por el que no pasaron nunca ni Fraga, ni Touriño, ni Feijoo."
A respecto das fotos de actualidade con Jacinto Rey, El Correo Gallego indica hoxe que xa as publicaran eles... en setembro de 2005.
Que opinades de todo isto?
4 de fev. de 2009
O reggeaton de Quintana
Esta é a orixinal da campaña de Obama:
Supoño que dentro de nada teremos o xesto do ollo tamén facendo un Q coas dúas mans...
21 de jan. de 2009
Yo no soy Ángel Quintana, ¿eh?
20 de jan. de 2009
Galiza foi Gaza

Extraordinaria a resposta do pobo galego o pasado domingo en solidariedade con Palestina.
Foi, cuantitativamente, unha das maiores manifestacións de todo o Estado, coido que só por detrás das populosas cidades de Barcelona e Madrid.
Ademais, cualitativamente, é de salientar a presenza do Vicepresidente da Xunta no acto, xa que, até onde eu sei, foi o máis alto representante institucional en calquera das mobilizacións no conxunto do Estado (seguido de Saura, conseller da Generalitat catalá, o cal desencadeou aló unha sorprendente polémica).
Moitas veces, por admiración exaxerada do de fóra, non somos capaces de valorar e estimar o relevo real da vida e a forza do movemento progresista, transformador e antiimperialista, en Galiza.
Cómpre mantermos os actos de solidariedade, de boicote ás empresas que apoian o sionismo e de exixencia de medidas gobernamentais. Porque isto non terminou, non.
Outras informacións de interese:
- Sobre o baile de cifras, aconséllovos a consulta do blog do Fer (O demo me leve), aínda que eu tamén penso que é prudente de máis ao falar de 15.000 persoas, pois mesmo nas súas contas máis baixas antes do redondeo a cifra de participantes sería de 17.600. É acertado facer o reconto non pola xente que colle na Quintana, senón pola que participa no percurso.
- Podedes consultar a galería de imaxes do acto en Vieiros (Xela Rodríguez, de quen tomo a foto desta entrada), en El Correo Gallego e n'A Nosa Terra.