9 de jan. de 2009

A bola extra

A bola extra. Así, sen ningún til, era o título dun dos blogs máis corrosivos e enxeñosos do que se deu en chamar o blogomillo. Lembremos que en galego oficial, nesa normativa que tan ben utilizaba nas súas entradas o anónimo cerebro desa páxina, non é o mesmo bola que bóla.

Estaba o autor posto no que se chaman as tendencias, no relativo á televisión, á música, á literatura... e daba a súa focaxe sobre elas como o podería facer un Holden Caulfield dos nosos días. Vaia, que non deixaba títere con cabeza.

Comigo meteuse algunha que outra vez (aínda que non comigo, senón coa figura pública que leva o meu nome), o mesmo que coa Mesa. Mais non fomos os máis afectados polas súas frechas. Fixo concursos de Pseudo-Rivas; cando varios medios decidiron procurar a palabra máis fermosa da lingua galega, el optou por crear un galardón á máis fea; escribiu un reality-show ficticio coas glorias galegas que poderían protagonizar un Tomate patrio... E todo nos cinco mesiños que durou, desde abril a agosto de 2006.

Para min, dous dos mellores momentos deste blog foron este e este. Mais tamén hai moitos outros boísimos.

A súa última postaxe foi máis seria do habitual. Despois desa, o silencio. Alguén sabe o que lle aconteceu? Agardo que se encontre ben e anímoo a que volte co seu ar fresco ou a que a TVG o contrate para un programa.

5 comentários:

  1. eu levo preguntándome o mesmo moito tempo...

    ResponderExcluir
  2. Pois a ver se alguén nos achega algunha información...

    ResponderExcluir
  3. Eu apuntárame ao seu concurso de microrelatos tipo Manolo Rivas, pero nunca chegou a decidirse o gañador. Iso non é moi bo sinal, non si?

    ResponderExcluir
  4. Grazas pola información, Pepe.

    Oxalá se encontre ben. O seu blog realmente era moi creativo, de consulta obrigatoria cada día.

    ResponderExcluir
  5. É, e cuido que será, um dos grandes mistérios do blogomilho.

    ResponderExcluir