8 de jan de 2009

Canta, María do Mar, canta!


Velaquí miña irmá, María do Mar, cantando. Está hoxe de aniversario e túrrolle das orellas desde este blog, aínda que lle aconsello que non se confíe porque cando nos vexamos...

Xa sei que os mellores xenes da beleza, de vocalización e de sentido do ritmo foron moi inxustamente distribuídos na miña familia. Que se lle vai facer! Colleunos todos para ela! Así e todo, eu canto igual:

Parabéns para ti,
nesta data querida...

;)

5 comentários:

  1. Moitas grazas, Carliños. Eu tamén te quero moito. Biquiños.

    ResponderExcluir
  2. María do Mar canta que flipas!! q o sei eu!!

    Parabéns para elaaa :D


    histoire

    ResponderExcluir
  3. É o que ten chegar primeiro... aínda que en realidade pareza a máis nova :)

    ResponderExcluir
  4. Para o último Anónimo: Como diría miña avoa, nun dos seus ditos menos relativistas, a verdade non ten máis que un camiño...

    ResponderExcluir