23 de jan. de 2009

Palestina: o xenocidio continúa


Recoméndovos encarecidamente o artigo do Eduardo Galeano que desde a CIG traduciron para o galego, so o título "Operación Chumbo Impune". Cada liña convida á reflexión.

O director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta, Rubén Cela, escribiu un outro artigo, publicado en Vieiros, que reflexiona sobre a situación actual en Palestina. Hai un parágrafo que na miña opinión é especialmente importante:

Palestina non é hoxe simplemente o nome dunha nación ou dun conflito pasaxeiro ou puntual, é a metáfora dun sistema político e económico hexemónico no planeta, onde a violencia, a ocupación e a opresión son consubstanciais ao mesmo. A diferenza é que as cloacas dese sistema en Israel están na superficie.

Que opinades?

Um comentário:

  1. Eu coido que non só están agredindo a liberdade dos civís, senón que ademáis (e isto xa non sae tanto nos medios) os están a tratar como experimentos, botando sobre a poboación diversos tipos de armas químicas, canceríxenas e que provocan diversos tipos de queimadura... É unha masacre-xenocidio e aínda por riba, con tortura.

    ResponderExcluir