24 de jan. de 2009

Acreditarse para votar reduce a participación


Di o vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, que pedirlle o DNI ou o pasaporte aos censados no exterior dificultará o voto. Outros dirixentes deste partido, como a deputada Marisol Soneira, son da mesma opinión.

Claro que tamén é certo que o dificulta no interior: Votar sen acreditar que tes dereito e sen que che soliciten ningún tipo de identificación faría todo o proceso moito máis... "fácil".

De verdade temos que debater nestes niveis ridículos? Xa non é só que non defendan todas as garantías para unha votación limpa, senón que mesmo están en contra das escasas existentes...

vergoña allea o pucheirazo que se quere organizar co "censo de electores residentes ausentes".

[A imaxe tómoa do blog Malo de aturar]

2 comentários:

  1. Ter que acreditar que estás vivo -mediante unha fe de vida- ainda a reduciría máis. Moitos mortos renunciarían a votar.

    ResponderExcluir
  2. eu traballo en correos e as normas para solicitar o voto por correo son bastante sinxelas e claras, a persoa ten que vir co seu dni ou pasaporte e escribir o papel de solicitude. non pode ir outra persoa por ela, e a hora de recoller a papeletas mándanse por certificado urxente e ten que ser a propia persoa que as recolla e que longo a mande... se para españa se fai así non entendo que o voto do exterior teña de ser distinto.

    ResponderExcluir