5 de jan de 2009

Adhirámonos ao boicote a Israel

O artigo desta semana en Galicia Hoxe, "Boicote a Israel", céntrase nas posibilidades de reaccionarmos desde Galiza contra o masacre de Palestina.

Desmontar a propaganda de guerra, solidarizármonos a través das mobilizacións, exixirlle ao Estado español que non autorice a venda de armas a Israel e apoiar a campaña de boicote aos produtos deste país e das empresas que fagan negocios alí. Coido que estes son os principais camiños que podemos seguir.

Algunhas das grandes marcas afectadas son Nanas, Alcampo, Carrefour, Coca-Cola, Danone, Motorola, L'Oreal, Nestlé, Nokia, Calvin Klein e Jonhson & Jonhson. Aquí tedes unha listaxe completa.

Ademais, podemos estar atentos/as para non mercarmos produtos fabricados en Israel. Son sobretodo froitas e verduras, viños, cosméticos e materiais agrícolas. Recoñécense a través da cifra 729 na parte de diante do código de barras.

6 comentários:

  1. Gostei muito do artigo. Magoa que a única ferramenta que tenhamos hoje seja a do consumo (ou nom-consumo). :P

    ResponderExcluir
  2. Fer, eu non digo que sexa a única ferramenta, senón unha delas. A presión ao goberno do Estado para que faga algo máis é fundamental. Que se autorice a venda de armas a Israel é unha vergoña inmensa...

    Unha apertiña.

    ResponderExcluir
  3. Só a Israel? Ningún outro estado do mundo merece a túa chamada ao boicot?

    ResponderExcluir
  4. Sobre este último comentario: A miña postura está moi clara. Pódese ler polo miúdo no artigo e, se nalgún punto hai algo a maiores para esclarecer, sen dúbida que tentarei facelo no que estea na miña man.

    A pregunta máis ben é: Alguén con sensibilidade humanitaria pode xustificar as matanzas que agora mesmo se están a producir en Gaza? Quen, sabendo o que está a acontecer, pode ter tanto interese en que miremos para outro lado?

    ResponderExcluir
  5. Pois apaga a computadora, machinho...Intel (http://en.wikipedia.org/wiki/Intel quem fabrica os Pentium que están nalgumha parte do proceso (meu ordenador, o teu, um servidor..) que me permite ler este blog) safou grazas ao inxenio israelí, porque foron israelitas quenes disenaron todos os novos Pentium e permitiron a Intel permanecer no mercado...E nom me vale con que empregues Mac, porque éstes agora tamém levan Pentium (http://www.apple.com/intel/).
    Posturas como este boicote so podem ser senso demde o anti-semitismo...hai mil exemplos...
    Sempre hai que mirar um pouco máis alá de omde os outros querem que miremos, por exemplo, mira esta páxina:
    www.paisdemierda.org

    ResponderExcluir
  6. O importante é facer algo, non quedar de brazos cruzados, galego pro-semita.

    Ninguén con dous dedos de fronte pode quedar impasíbel ante a violencia e a sinrazón do exército israelí. Se a iso o chamas antisemitismo, eu son antisemita, pois.

    ResponderExcluir